Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 30 de outubro de 2020 Páx. 43273

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 16 de outubro de 2020 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral da Emigración.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo,

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unirlle á solicitude un curriculum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde, un/unha funcionario/a con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince (15) días naturais, segundo o preceptuado no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous (2) meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserto o posto de traballo.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante, publicada no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Oitavo. Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados pola Xunta de Galicia -Secretaría Xeral da Presidencia- coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive deste procedemento de provisión de posto de traballo con convocatoria pública. Por tanto, os datos recadados serán tratados para tramitar as solicitudes e resolver a convocatoria. Esta finalidade está baseada no cumprimento dunha obriga legal, segundo a normativa xeral e sectorial referida en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.

Os datos da persoa seleccionada para ocupar o posto de traballo que se anuncia poderán ser comunicados á Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de cumprimento das obrigas legais que lle corresponden, e o seu nome, apelidos e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

Os datos conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da dita finalidade e do tratamento dos datos. Será de aplicación a normativa de arquivos.

As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.

Noveno. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderán impugnala directamente, á súa elección, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2020

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo
P.D. (Orde do 12.11.2013, DOG núm. 219, do 15 de novembro)
Álvaro Pérez López
Secretario xeral da Presidencia

ANEXO I

Código do posto: PX.301.00.000.15770.002.

Denominación do posto: secretario/a do/da Secretario/a xeral.

Subgrupo: C1-C2.

Nivel: 18.

Corpo ou escala: xeral.

Código de adscrición ás administracións públicas: A11 (adscrición indistinta a funcionarios Xunta de Galicia, Estado e CC.AA).

Dependencia: Secretaría Xeral da Emigración.

Localidade: Santiago de Compostela.

Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración curso perfeccionamento de galego-R.I.).

missing image file