Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 2 de novembro de 2020 Páx. 43597

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo).

Na sesión que tivo lugar o día 20 de outubro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificada pola Orde do 12 de marzo de 2019 (DOG núm. 51, do 13 de marzo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron o resultado de apto (4 persoas) tras obter o número de respostas correctas exixidas (50 %) e as persoas aspirantes que acreditaron dentro do prazo sinalado o nivel de coñecemento de lingua inglesa correspondente a un nivel B1 ou superior dentro do Marco común europeo de referencia (3 persoas).

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, así como persoas exentas, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galicia subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, no lugar onde se realizou o exercicio na páxina web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.es).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2020

Breogán Cinza Cabarcos
Presidente do tribunal