Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 2 de novembro de 2020 Páx. 43596

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se modifica a Resolución do 3 de febreiro de 2020 pola que se convocan exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento PE616D).

Mediante a Resolución do 3 de febreiro de 2020, desta dirección xeral, convocáronse exames extraordinarios teóricos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno de embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento PE616D).

No anexo III da citada resolución recóllese unha epígrafe relativa á convocatoria de decembro en que se establece un prazo de matrícula entre o 16 de outubro e o 27 de outubro, ambos inclusive.

Dado o interese, que se reflicte nunha numerosa presentación de solicitudes para participar no devandito proceso, unido á necesidade de facilitar e favorecer a participación nesta convocatoria, que ademais resulta ser a derradeira do ano en curso, faise necesario establecer un novo prazo de matrícula sen que afecte as solicitudes xa presentadas

Por todo iso, esta dirección xeral, no uso das atribucións que lle confire o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, modificado polo Decreto 39/2018, do 3 de abril, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar,

ACORDA:

Modificar o anexo III da Resolución de 3 de febreiro de 2020 e establecer un novo prazo de matrícula desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) ata o día 6 de novembro de 2020 e que non afecta as solicitudes xa presentadas.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2020

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro