Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 2 de novembro de 2020 Páx. 43585

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2020 pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento ED431H e ED431I).

A Orde do 31 de decembro de 2019 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro de 2020) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia da COVID-19 os procedementos ED431H e ED431I estiveron suspendidos, o que obrigou a un aprazamento na resolución e no comezo dos contratos. Por iso, esta orde foi parcialmente modificada pola Orde do 7 de outubro de 2020 (DOG núm. 208, do 15 de outubro).

O obxecto do Programa de atracción e retención de talento nas universidades do SUG é que se incorpore aos centros de investigación do SUG con acreditación vixente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, ás agrupacións estratéxicas acreditadas pola Xunta de Galicia na modalidade A no ano 2018, ás unidades de excelencia María de Maeztu e aos centros de excelencia Severo Ochoa, radicados en Galicia e con acreditación vixente, e aos campus de especialización do SUG, e nas áreas de coñecemento definidas como estratéxicas polas universidades do SUG, persoal investigador posdoutoral que amose un relevante currículo investigador que permita reforzar e/ou iniciar novas liñas de investigación en áreas de coñecemento / liñas de investigación definidas nesta convocatoria de acordo coas declaracións de interese realizadas previamente polas universidades do SUG.

No artigo 3 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2 dos anexos I e II os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas da modalidade de atracción e de retención, respectivamente.

De acordo co establecido no artigo 10 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días naturais para formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes de cada modalidade foron ponderadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, a partir da documentación indicada no artigo 4 dos anexos I e II da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 5 de cada anexo. Para a avaliación das solicitudes da modalidade de retención (anexo II) contouse coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O resultado desta avaliación entregóuselle á comisión de selección definida no artigo 11 da orde de convocatoria, que elaborou un informe para o órgano instrutor en que figuran para cada modalidade as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas e a lista de agarda para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de acordo co artigo 12 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria e atendendo a proposta de concesión elevada polo órgano instrutor a partir do informe da comisión de selección reunida o día 13 de outubro de 2020, a través da Secretaría Xeral de Universidades,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia que se relacionan no anexo I.

Segundo. Establecer unha lista de agarda para cada modalidade, que se inclúe como anexo II, para determinar posibles substitucións, segundo os criterios recollidos no artigo 11. Nesta lista figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida no artigo 5 do anexo de cada modalidade da convocatoria.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o 15 de novembro de 2020, agás para os casos de aprazamento da incorporación ata un máximo de catro meses desde a resolución de adxudicación das axudas.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamentos recollida no artigo 15 das bases da convocatoria.

O importe das axudas imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020, polo que as anualidades de 2021 a 2025 se integrarán no novo plan de financiamento para os anos seguintes:

Mod.

Aplic. orzam.

Univ.

Nº axudas

Crédito (en euros)

2020

2021

2022

2023

2024

2025

Total

Atracción

10.40.561B.444.0

UDC

3

3.000,00

144.166,68

153.000,00

153.000,00

153.000,00

5.833,32

612.000,00

USC

3

3.000,00

144.166,68

153.000,00

153.000,00

153.000,00

5.833,32

612.000,00

Uvigo

4

4.000,00

192.222,24

204.000,00

204.000,00

204.000,00

7.777,76

816.000,00

10

10.000,00

480.555,60

510.000,00

510.000,00

510.000,00

19.444,40

2.040.000,00

Retención

10.40.561B.444.0

UDC

1

1.000,00

48.055,56

51.000,00

51.000,00

51.000,00

1.944,44

204.000,00

USC

1

1.000,00

48.055,56

51.000,00

51.000,00

51.000,00

1.944,44

204.000,00

Uvigo

3

3.000,00

144.166,68

153.000,00

153.000,00

153.000,00

5.833,32

612.000,00

 

5

5.000,00

240.277,80

255.000,00

255.000,00

255.000,00

9.722,20

1.020.000,00

Total 10.40.561B.444.0

15

15.000,00

720.833,40

765.000,00

765.000,00

765.000,00

29.166,60

3.060.000,00

Atracción

10.40.561B.744.0

UDC

3

0,00

120.000,00

120.000,00

120.000,00

120.000,00

0,00

480.000,00

USC

3

0,00

120.000,00

120.000,00

120.000,00

120.000,00

0,00

480.000,00

Uvigo

4

0,00

160.000,00

160.000,00

160.000,00

160.000,00

0,00

640.000,00

 

10

0,00

400.000,00

400.000,00

400.000,00

400.000,00

0,00

1.600.000,00

Retención

10.40.561B.744.0

UDC

1

0,00

20.000,00

20.000,00

20.000,00

20.000,00

0,00

80.000,00

USC

1

0,00

20.000,00

20.000,00

20.000,00

20.000,00

0,00

80.000,00

Uvigo

3

0,00

60.000,00

60.000,00

60.000,00

60.000,00

0,00

240.000,00

 

5

0,00

100.000,00

100.000,00

100.000,00

100.000,00

0,00

400.000,00

Total 10.40.561B.744.0

15

0,00

500.000,00

500.000,00

500.000,00

500.000,00

0,00

2.000.000,00

Total convocatoria

15

15.000,00

1.220.833,40

1.265.000,00

1.265.000,00

1.265.000,00

29.166,60

5.060.000,00

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobro parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Axudas concedidas

Modalidade Atracción

Universidade da Coruña.

Nº exp.

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Nota criterio 5a)

Nota criterio 5b)

Nota criterio 5c)

Total

ED431H 2020/20

UDC

Mosquera

Mosquera

Jesús

56,4

17,5

18,5

92,4

ED431H 2020/18

UDC

López

Vicente

Manuel

56,2

18,2

17,8

92,2

ED431H 2020/17

UDC

Criado

Fernández

Alejandro

54,0

18,0

18,3

90,3

Universidade de Santiago de Compostela.

Nº exp.

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Nota criterio 5a)

Nota criterio 5b)

Nota criterio 5c)

Total

ED431H 2020/27

USC

Corbett

 

Tyler

54,5

18,5

19,5

92,5

ED431H 2020/26

USC

Wu

 

Bin

56,5

16,5

19,0

92,0

ED431H 2020/21

USC

Ortuño

Maqueda

Manuel Ángel

55,5

17,3

17,8

90,6

Universidade de Vigo.

Nº exp.

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Nota criterio 5a)

Nota criterio 5b)

Nota criterio 5c)

Total

ED431H 2020/04

UVigo

Izquierdo

García

José Luis

56,0

19,5

19,5

95,0

ED431H 2020/06

UVigo

Pansera

 

Mario

53,7

19,0

19,0

91,7

ED431H 2020/11

UVigo

Troncoso

Pastoriza

Juan Ramón

54,5

18,0

19,0

91,5

ED431H 2020/01

UVigo

Franco

Rodil

Iván

56,4

17,5

17,0

90,9

Modalidade Retención

Universidade da Coruña.

Nº exp.

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Nota criterio 5a)

Nota criterio 5b)

Nota criterio 5c)

Total

ED431I 2020/06

UDC

García

González

Marcos

67,0

9,0

15,0

91,0

Universidade de Santiago de Compostela.

Nº exp.

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Nota criterio 5a)

Nota criterio 5b)

Nota criterio 5c)

Total

ED431I 2020/12

USC

González

Martínez

Débora

67,0

10,0

14,0

91,0

Universidade de Vigo.

Nº exp.

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Nota criterio 5a)

Nota criterio 5b)

Nota criterio 5c)

Total

ED431I 2020/04

UVigo

Pena

Pereira

Francisco Javier

72,0

9,0

15,0

96,0

ED431I 2020/03

UVigo

Martínez

García

Sandra

70,0

10,0

14,0

94,0

ED431I 2020/09

UVigo

Fernández

Silva

Iria

70,0

10,0

14,0

94,0

ANEXO II

Lista de agarda

Modalidade Atracción

Nº exp.

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Nota criterio 5a)

Nota criterio 5b)

Nota criterio 5c)

Total

ED431H 2020/08

UVigo

Puértolas

Lacambra

Begoña

55,6

17,0

17,0

89,6

ED431H 2020/10

UDC

Álvarez

Estévez

Diego

52,8

18,0

18,0

88,8

ED431H 2020/12

USC

Al-Massadi

Iglesias

Omar

53,7

16,5

18,5

88,7

ED431H 2020/24

USC

Cristóbal

Roselló

Jordi

55,1

20,0

13,5

88,6

ED431H 2020/19

UDC

Brea

Fernández

Roberto Javier

54,4

17,1

17,0

88,5

Modalidade Retención

Nº exp.

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Nota criterio 5a)

Nota criterio 5b)

Nota criterio 5c)

Total

ED431I 2020/11

USC

Balboa

Méndez

Sabela

66,0

7,0

12,0

85,0

ED431I 2020/13

USC

Mascato

Rey

Rosario

64,0

10,0

11,0

85,0

ED431I 2020/14

USC

Mauricio

Iglesias

Miguel

63,0

9,0

13,0

85,0