Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 2 de novembro de 2020 Páx. 43663

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO de convocatoria para cubrir unha praza de técnico de Administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 208, do 31 de decembro de 2019, publícanse as bases que regulan a convocatoria para cubrir a praza de funcionario do Concello de Ortigueira, que a continuación se indica:

Unha praza de técnico de Administración xeral pertencente á escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A1, mediante o sistema de oposición libre

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse na forma prevista das propias bases da convocatoria

Ortigueira, 2 de setembro de 2020

Juan Vicente Penabad Muras
Alcalde