Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Luns, 2 de novembro de 2020 Páx. 43664

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre rectificación das bases reitoras da oferta de emprego público 2017, 2018 e 2019.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 206, do 26 de outubro de 2020, publicouse a rectificación das bases reitoras e convocatoria da primeira fase dos procesos selectivos derivados da execución da oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019, por acordo da Xunta de Goberno Local do 2 de outubro de 2020.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da Corporación, xuntamente coa páxina web municipal www.vigo.org

Vigo, 26 de outubro de 2020

(Delegación competencial polos decretos do 18.6.2019, 26.6.2019 e 2.9.2019
e acordos da Xunta de Goberno Local do 20.6.2019, 4.7.2019 e 5.9.2019)
Elena Espinosa Mangana
Tenente de alcalde e concelleira delegada da Área de Empresa,
Economía, Seguridade e Organización Municipal