Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43715

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2020 pola que se dá publicidade a varias encargas a un medio propio realizadas por esta axencia.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encargas ao medio propio:

1. Resolución do 31 de xaneiro de 2020, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, pola que se encargan ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) os servizos de desenvolvemento de novas funcionalidades/aplicacións, soporte e mantemento de varios sistemas de tramitación de procedementos electrónicos, e o mantemento e a actualización de contidos da web www.observatoriobiomasa.gal

– Actividade: soporte e mantemento de varios sistemas de tramitación de procedementos electrónicos e mantemento e actualización de contidos da web www.observatoriobiomasa.gal

– Natureza e alcance da encarga: encarga a un medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de febreiro de 2020 ata o 31 de xaneiro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, o orzamento de execución ascende á cantidade de cento corenta e seis mil setecentos corenta e oito euros con setenta céntimos (146.748,70 €), da aplicación orzamentaria 09 A2 733A 640.91, código de proxecto 201500006, distribuídos segundo as seguintes anualidades:

2020: 137.534,56 €.

2021: 9.214,14 €.

2. Resolución do 25 de xuño de 2020, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios S.A., SME, MP (Tragsatec) o servizo técnico de apoio á tramitación das axudas ao abeiro do Programa de incentivos á mobilidade eficiente e sostible (programa MOVES), de aforro e eficiencia enerxética e de enerxías renovables segundo semestre de 2020.

– Actividade: apoio técnico na tramitación das axudas do programa MOVES, de aforro e eficiencia enerxética e de enerxías renovables para o segundo semestre de 2020.

– Natureza e alcance da encarga: encarga a un medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 4 de xullo de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, o orzamento de execución ascende á cantidade de trinta e seis mil cento sete euros con dezanove céntimos (36.107,19 €), con cargo á aplicación orzamentaria 09 A2 733A 227.99 (código de proxecto 201500006).

3. Resolución do 23 de outubro de 2020, da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) o apoio técnico para o desenvolvemento da Axenda Galega de Transición Enerxética 2021-2030.

– Actividade: apoio técnico para o desenvolvemento da Axenda Galega de Transición Enerxética 2021-2030.

– Natureza e alcance da encarga: encarga a un medio propio ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., SME, MP (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 23 de outubro de 2020 ata o 30 de novembro de 2020.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e cinco mil corenta e catro euros con cincuenta e seis céntimos (95.044,56 €), con cargo á aplicación orzamentaria 09 A2 733A 641.2 (código de proxecto 201600010).

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia