Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43788

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de nomeamento de axente da Policía local, por quenda de mobilidade horizontal e creación da lista de aspirantes.

Mediante a Resolución da Alcaldía 902/2020 do Concello de Teo, con data do 6 de outubro de 2020, aprobouse o seguinte:

«Nomear a José Martín Gómez Miramontes como funcionario dunha praza da escala de Administración especial; subescala de servizos especiais; categoría: policía local; grupo: C; subgrupo: C1; do corpo de Policía Local do Concello de Teo, e adscribilo con carácter definitivo.

Deberá tomar posesión no destino obtido no prazo máximo dun (1) mes, contado desde o día seguinte á notificación do nomeamento».

No Boletín Oficial da provincia da Coruña publicarase integramente a devandita resolución.

Teo, 7 de outubro de 2020

Rafael Carlos Sisto Edreira
Alcalde