Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43786

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de dotacións do polígono P-6.1 da AR-6 no núcleo de Reboredo.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 15.10.2020, aprobouse inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións do polígono P-6.1 da AR-6, no núcleo de Reboredo do PXOM de San Cibrao das Viñas, redactado polo equipo redactor IDOM, sometido á avaliación ambiental estratéxica simplificada.

De conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese á información pública por prazo de dous meses, contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello [http://sancibrao.sedelectronica.es].

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Así mesmo, suspéndese o outorgamento das seguintes licenzas na área de repartición afectada polo Plan especial (AR-6) e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

A duración máxima da suspensión é de dous anos.

Texto do acordo de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións do polígono P- 6.1 da AR-6 no núcleo de Reboredo do PXOM de San Cibrao das Viñas.

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións do polígono P-6.1 da AR-6, no núcleo de Reboredo, do PXOM de San Cibrao das Viñas, redactado polo equipo redactor IDOM referido, que incorpora as previsións recollidas no informe ambiental estratéxico emitido polo órgano ambiental, nos termos que constan no expediente.

Segundo. Abrir un período de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, e anunciarase, ademais, no xornal La Región de Ourense. Durante ese período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, e á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [http://sancibrao.sedelectronica.es].

Terceiro. Suspender o outorgamento de licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do Plan especial, que son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas

Tipo de licenza

AR-6

Licenza de parcelación de terreos, edificación e demolición

A duración máxima da suspensión é de dous anos.

Esta suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.

Cuarto. Notificar individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Quinto. Solicitar ás administracións afectadas pola súa competencia sectorial que emitan o correspondente informe para os efectos regulados na lexislación sectorial.

Os informes sectoriais autonómicos deberán ser emitidos no prazo máximo de tres meses, transcorrido o cal entenderanse emitidos con carácter favorable».

Se transcorrido ese prazo non se presentaran alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

San Cibrao das Viñas, 28 de outubro de 2020

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde