Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43702

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2020 pola que se publica o resultado da décimo primeira edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural (MR709A).

Mediante a Resolución do 18 de decembro de 2019 convocouse, mediante tramitación anticipada de gasto, a décimo primeira edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural e aprobáronse as súas bases reguladoras (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro de 2020).

Para financiar esta convocatoria existía un crédito de 80.000 € que se imputou ás contas orzamentarias 14.A1.712A.770.0 (03.01 03/04/01 656701) e 14.A1.712A.781.0 (03.01 03/04/01 656811).

O 21 de outubro de 2020, a directora xeral de Agader, no exercicio das competencias atribuídas en virtude do Acordo do Consello de Dirección de Agader, do 11 de xullo de 2013 (Resolución do 24 de xullo de 2013; DOG núm. 148, do 5 de agosto), resolveu a citada convocatoria.

O artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, dispón que o órgano concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa, o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención. Así mesmo, o artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que se deberá publicar a concesión das correspondentes axudas ou subvencións.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas ao abeiro da décimo primeira edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural, convocada pola Resolución do 18 de decembro de 2019.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2020

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Beneficiario

Finalidade da subvención

Importe

Fontes de Mané, S.L.

Campamento turístico Cabanas da Ulla

10.000 €

Asociación de Veciños de Puxedo

Recuperación do patrimonio material e inmaterial da aldea de Puxedo

10.000 €

Asociación Aspadeza

Centro de prestación de servizos a persoas con discapacidade intelectual

10.000 €

Enoturismo María Manuela, S.L.

Enoturismo María Manuela

10.000 €

Bico de Xeado Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, S.C.L.

Elaboración de xeados artesáns

10.000 €

Asociación Educando en Familia

Educando en familia

10.000 €

Grupo Tecnológico Arbinova, S.L.

Deseño e fabricación de implantes e próteses

10.000 €

Asociación de Veciños de Lucenza

Recuperación dos montes comunais da parroquia de Lucenza

10.000 €