Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Martes, 3 de novembro de 2020 Páx. 43704

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de outubro do 2020 pola que se adxudican as axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (programa Principia), convocadas pola Resolución do 23 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro) novas adxudicacións da lista de suplentes.

Mediante Resolución da Axencia Galega de Innovación do 23 de decembro de 2019 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro de 2020) convocáronse as axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia.

No seu artigo 18 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Valoración establecida no artigo 15 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 16.

A Comisión de Valoración, na súa sesión do 23 de xullo de 2020, informou favorablemente a elaboración dunha listaxe de agarda para as entidades cos restantes contratos solicitados segundo a orde establecida na convocatoria, de xeito que en primeiro lugar figuren por orde decrecente de puntuación os contratos solicitados que aínda non foron seleccionadas para acceder ao financiamento e, en segundo lugar, os restantes contratos solicitados por aquelas entidades que teñan pedido máis dunha contratación, tendo en conta que a convocatoria non establece unha puntuación mínima para ser beneficiaria destas axudas.

De acordo con isto, tendo en conta as renuncias recibidas e resoltas ata esta data, esta Axencia Galega de Innovación,

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia que figuran como anexo a esta resolución (agrupadas por aplicación e ordenadas por puntuación descendente).

2. Novas adxudicacións:

Aplicación orzamentaria

Ano 2020 (€)

09.A3.561A.470.0

113.000

09.A3.561A.480.0

20.000

Total

133.000

3. Estas axudas están financiadas con cargo a fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 24 da resolución de convocatoria.

5. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no dito artigo 24 da resolución de convocatoria no prazo establecido no seu punto 1.

6. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Relación de solicitudes concedidas (agrupadas por aplicación e ordenadas por puntuación descendente)

Nº de expediente

Entidade solicitante

NIF

Trab. nº

Total unt.

Nº CT

Total axuda (€)

Aplicación orzamentaria

042_IN848C_2020/944269

Regasificadora del Noroeste, S.A.

A15685324

2

27 (2º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.470.0

078_IN848C_2020/1020835

Situm Technologies, S.L

B70401229

2

27 (2º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.470.0

022_IN848C_2020/697917

Himikode Tech, S.L

B27504208

2

25 (2º contrato)

1

11.000,00 €

09.A3.561A.470.0

037_IN848C_2020/826071

Teimas Desenvolvemento, S.L

B70179973

2

24 (2º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.470.0

032_IN848C_2020/805684

Ártabro Tech, S.L

B70530795

2

15 (2º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.470.0

080_IN848C_2020/1021408

Sealab Solutions, S.L

B27871748

2

9 (2º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.470.0

075_IN848C_2020/1020215

Optare Solutions, S.L

B36898104

3

50 (3º contrato)

1

11.000,00 €

09.A3.561A.470.0

050_IN848C_2020/1000352

Tecnologías Plexus, S.L.

B15726177

3

43 (3º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.470.0

028_IN848C_2020/700758

Balidea Consulting & Programing, S.L.

B15850647

3

42 (3º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.470.0

015_IN848C_2020/690471

Servicio de Consultoría de Procesos Ozona

B86171204

3

42 (3º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.470.0

061_IN848C_2020/1009449

Dairylac, S.L. (Galacteum)

B15775570

3

41 (3º contrato)

1

11.000,00 €

09.A3.561A.470.0

Subtotal 09.A3.561A.470.0

113.000,00 €

054_IN848C_2020/1005015

Fundación Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial

G70302427

2

26 (2º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.480.0

034_IN848C_2020/815588

Instituto Tecnolóxico de Galicia

G15305923

3

47 (3º contrato)

1

10.000,00 €

09.A3.561A.480.0

Subtotal 09.A3.561A.480.0

20.000,00 €

Total (09.A3.561A.470.0 + 09.A3.561A.480.0 + 09.A3.561A.444.0 )

133.000,00 €