Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43927

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (440/2018-E).

Eu, María José Núñez Abeledo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, dou fe e testemuño que nos autos de procedemento ordinario 440/2018 se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva se pasa a transcribir literalmente a continuación:

Sentenza 286/19.

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Deaño Rodríguez.

Lugar: Lugo.

Data: trinta e un de outubro de dous mil dezanove.

Demandante: Cafés Candelas, S.L.

Avogada: Eva López Peña.

Procurador: José Carlos Lagüela Andrade.

Demandado: Luís José Gónzalez Santos.

Procedemento: procedemento ordinario 440/2018.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada polo procurador José Carlos Lagüela Andrade en nome e representación da entidade Cafés Candelas, S.L. contra José Luís González Santos e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de nove mil seiscentos setenta e cinco euros con noventa e tres céntimos (9.675,93 €) cos xuros legais descritos no fundamento xurídico cuarto desta resolución.

Unha vez aboada a cantidade debida por parte do demandante, entregarase á demandada os oitocentos sete quilos (807 kg) pendentes de subministrar.

Condénase en custas a parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que fronte a ela pode interpoñerse recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina José Luís Deaño Rodríguez maxistrado xuíz do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Lugo e do seu partido.

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito. Estendo o presente edicto e dou fe.

Lugo, 29 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza