Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43902

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

En sesión que tivo lugar electronicamente o día 27 de outubro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), unha vez coñecidas as circunstancias imprevistas que impiden a realización do exercicio na data inicialmente aprobada e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Modificar as datas aprobadas mediante a Resolución do 16 de outubro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio, publicada no DOG do 22 de outubro de 2020. Así, de conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, o cuarto exercicio do proceso selectivo terá lugar os días 23 e 30 de novembro de 2020, no edificio da EGAP, sito na rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela.

Segundo. Consonte o disposto na devandita base, convócanse para o cuarto exercicio as persoas aspirantes no lugar e na hora establecidos de acordo co anexo que se achega.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal.

Cuarto. O chamamento dos aspirantes realizarase de acordo co disposto na base II.1.2.1 da convocatoria ás horas sinaladas no anexo.

Quinto. Consonte o sinalado na base II.1.2.5, o chamamento será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Sexto. Unha vez finalizado o chamamento das 8.55 horas, comezarán os exames que se desenvolverán ao longo da mañá, ata aproximadamente as 14.00 horas. Os exames continuarán a partir do chamamento das 15.15 horas ata aproximadamente as 21.00 horas. No caso de que o día 23 de novembro non puidesen ser examinadas todas as persoas aspirantes que comparecesen, aquelas quedarán convocadas para o día 30 de novembro de 2020 ás 15.15 horas, na aula 1 da EGAP.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020

María Sonia Lafont Sendino
Presidenta do tribunal

ANEXO

Convocatoria das persoas aspirantes

– Día 23.11.2020, 8.55 horas. Aula núm. 1 EGAP.

Quedan convocados os seguintes aspirantes:

Tajes Pérez, José.

Álvarez Cuíñas, Alejandra.

Asorey Souto, Laura.

Fernández Loureiro, David.

Figueiras Vázquez, Helena.

Iglesias Fernández, Verónica.

– Día 23.11.2020, 15.15 horas. Aula núm. 1 EGAP.

Quedan convocados os seguintes aspirantes:

López Pérez, María Dolores.

Mourelle Arnejo, Juan.

Mourelle Ferreiro, Juan Carlos.

Nodar López, Raquel.