Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de resolucións de recursos de alzada respecto do proceso de concentración parcelaria da zona de Val de Camba (Rodeiro, Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural en Lalín (Pontevedra) (rúa Polideportivo, nº 1, baixo; teléfono: 886 15 94 54), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día da súa publicación.

Pontevedra, 26 de outubro de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

NR5

37795974M

Notificación de resolución

NR5

46645150T

Notificación de resolución

NR5

37711653W

Notificación de resolución

NR16

76814818Q

Notificación de resolución