Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44317

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2020 pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio).

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 1 de outubro de 2020 (DOG núm. 202, do 6 de outubro) a que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo o posto que figura no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio), de acordo coa elección realizada no acto de elección electrónica.

Segundo. De conformidade co disposto na Lei 27/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de un (1) mes e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Elección de destino definitivo da escala de arqueólogos/as

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código

Denominación

Cons.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Niv.

Formación

***8742**

Álvarez Asorey, Rubén Darío

2

CU4010000015770005

Posto base subgrupo A1

CU

D.X. do Patrimonio Cultural

Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela

A1

20

Permiso conducir B (R.I.)