Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela (procedemento abreviado 333/2020).

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 333/2020 (procedemento abreviado) de María Pilar Varela Rebón contra a desestimación presunta do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 21 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 82, do 29 de abril).

Categoría: celadora.

Acceso: libre.

Ámbito: distrito sanitario da Coruña.

Epígrafe: formación.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos