Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44547

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo dunha praza de auxiliar da Administración xeral e dunha praza de vixilante de obras da Administración especial, por oposición libre.

As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 50, do 13.3.2015, e a súa rectificación no BOPPO núm. 77, do 22.4.2016, e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no BOPPO núm. 210, do 30.10.2020:

Persoal funcionario:

– 1 praza de auxiliar de Administración xeral, encadrada dentro da escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integrada no grupo C, subgrupo C2, polo sistema de oposición libre.

– 1 praza de vixilante de obras, encadrada dentro da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase labores especiais, integrada no grupo C, subgrupo C2, polo sistema de oposición libre.

Redondela, 30 de outubro de 2020

Digna Rosa Rivas Gómez
Alcaldesa