Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 27 de outubro de 2020, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita de inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce actividade turística.

Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación de cese da actividade, esta área provincial acordou, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 7/2001, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

Os titulares dispoñen dun prazo de quince (15) días para faceren as alegacións que consideren pertinentes, e poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles na Área Provincial de Turismo de Lugo.

Lugo, 27 de outubro de 2020

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: O Bosque.

Titular: Fernando Prieto Díaz.

Enderezo: San Xoán de Alba, N-VI, km 634.

Concello: Vilalba.