Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44443

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 3 de novembro de 2020 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A).

A Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020, establece no artigo 2, número 1, a dotación orzamentaria das partidas destinadas a subvencionar os proxectos e actuacións obxecto da convocatoria, e no número 2 prevese que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Dado que o crédito previsto na Orde do 4 de maio de 2020 non resultou suficiente para atender todas as solicitudes recibidas para financiar as actuacións encadradas na liña de axudas establecidas no artigo 4.1.b)1º, e que na anualidade 2020 existe crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 13.03.312A.481.3 que cumpre os requisitos establecidos no artigo 30.2. do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, parece oportuno incrementar o importe destinado á dotación orzamentaria consignada na dita anualidade para financiar as ditas actuacións.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento dos créditos

Increméntase o crédito destinado ao financiamento para o ano 2020 da liña de axudas establecidas no artigo 4.1.b)1º da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020.

O importe total do dito incremento, que se realizará na aplicación orzamentaria 13.03.312A.481.3 é de 77.572,00 €, correspondentes á anualidade 2020.

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social