Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44436

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 2 de novembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A).

O 11 de maio de 2020 publicouse, no número 90 do Diario Oficial de Galicia, a Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A).

Esta orde ten por obxecto o establecemento do réxime de concesión de axudas ás entidades de iniciativa social que, de conformidade coa Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, levan a cabo a atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e desenvolven programas e/ou prestan servizos na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, de inclusión e, especificamente, da inclusión social e laboral da poboación inmigrante, e proceder á súa convocatoria para os exercicios 2020, 2021 e 2022.

No artigo 4 sinálanse os servizos e as prestacións subvencionables. De xeito específico, os servizos establecidos no artigo 4.1.b).2º, atencións comprendidas dentro dos servizos de apoio á inclusión sociolaboral, servizo de formación adaptada e servizo de intervención comunitaria en territorios en exclusión, e no artigo 4.1.b).3º, atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e a permanencia no mercado de traballo da poboación inmigrante, están financiados polo Fondo Social Europeo.

Con data do 14 de marzo de 2020, publícase no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declaraba o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e con data do 18 de marzo de 2020, publícase o Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19.

En Galicia aprobouse o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptaban medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia da evolución da COVID-19 (Diario Oficial de Galicia número 49 bis, do 12 de marzo).

Así mesmo, o Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro, do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen as disposicións xerais ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) n° 1083/2006, do Consello, foi modificado polo Regulamento (UE) 2020/460, do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de marzo, no relativo ás medidas específicas para mobilizar investimentos nos sistemas de atención sanitaria dos Estados membros y noutros sectores das súas economías, en resposta ao brote da COVID-19, e polo Regulamento (UE) 2020/558, do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de abril, no que respecta ás medidas específicas para ofrecer unha flexibilidade excepcional no uso dos fondos estruturais e de investimento europeos en resposta ao brote da COVID-19.

O día 13 de xuño publícase no número 115-bis do Diario Oficial de Galicia o Decreto 90/2020, do 13 de xuño, polo que se declara a superación da fase III do Plan para a desescalada das medidas extraordinarias adoptadas para facer fronte á pandemia da COVID-19, aprobado mediante o Acordo do Consello de Ministros do 28 de abril de 2020 e, polo tanto, a entrada na nova normalidade, con efectos desde as 00.00 horas do día 15 de xuño de 2020. En consecuencia, e de acordo co segundo punto deste decreto, quedan sen efecto as medidas derivadas da declaración do estado de alarma adoptadas polo Goberno do Estado e polas súas autoridades competentes delegadas na unidade territorial formada pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Non obstante, mantense a declaración de situación de emerxencia sanitaria efectuada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020 e, polo tanto, serán aplicables, desde as 00.00 horas do día 15 de xuño de 2020, as medidas recollidas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 115, do 13 de xuño, mediante a Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, nos termos indicados no devandito acordo.

Os procedementos da convocatoria foron resoltos e está pendente a súa notificación.

Esta modificación da Orde do 4 de maio de 2020 ten por finalidade adaptar algúns aspectos recollidos na devandita orde de convocatoria para adecuar a documentación xustificativa das prestacións subvencionadas das tipoloxías 4.1.b).2º e 4.1.b).3º, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, ás novas circunstancias xurdidas con motivo da situación de emerxencia sanitaria, tras a declaración do estado de alarma, casos en que esta situación non permitise que as actividades foran impartidas na modalidade presencial ou incidise na dita documentación xustificativa.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta de Galicia e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2020, 2021 e 2022 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020) (código de procedemento BS631A)

O número 5 do artigo 18 da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2020, 2021 e 2022, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A), queda redactado como segue:

«5. Documentación que se deberá presentar para xustificar as actuacións previstas no artigo 4.1.b).2º e 3º:

a) Xustificación parcial das actuacións que se realizan durante todo o período subvencionable.

1º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral, que requirirá a presentación da seguinte documentación:

1º.1. Solicitude de pagamento parcial, anexo VI.

1º.2. Declaración responsable do anexo VII.

1º.3. Memoria económica e xustificativa do anexo VIII.

1º.4. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores/as e a persoa responsable da entidade, onde conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.

2º. No caso das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada, e das prestacións de dinamización comunitaria no marco de desenvolvemento dun servizo de intervención comunitaria en territorios en exclusión e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase:

2º.1. Solicitude de pagamento parcial, anexo VI.

2º.2. Declaración responsable do anexo VII.

2º.3. Memoria económica xustificativa do anexo VIII.

2º.4. Partes de asistencia das actuacións realizadas no período xustificado onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade. Nos casos en que, coa situación de emerxencia sanitaria, as actuacións realizadas se impartisen só por medios telemáticos, presentaranse as follas de resumo mensuais asinadas polo/a responsable da entidade e polo/a traballador/a que realizou a actuación.

3º. No caso das actuacións de apoio á conciliación, de mediación intercultural e asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría:

3º.1. Solicitude de pagamento parcial, anexo VI.

3º.2. Declaración responsable do anexo VII.

3º.3. Memoria económica e xustificativa do anexo VIII.

3º.4. Resumo do total de horas efectivamente dedicadas ao programa por parte do persoal dedicado á actuación, asinado polo/a traballador/a e pola entidade responsable.

b) Xustificación para as actuacións finalizadas.

1º. As prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral requirirán a presentación da seguinte documentación:

1º.1. Solicitude de pagamento, anexo VI.

1º.2. Declaración responsable do anexo VII.

1º.3. Memoria económica e xustificativa do anexo VIII.

1º.4. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores/as e a persoa responsable da entidade, onde conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.

1º.5. Acreditación do numero total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Se as persoas atendidas acadasen todas as prestacións obrigatorias, achegarase declaración responsable da entidade, no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén polo traballador e polo beneficiario da prestación, de que a persoa realizou as prestacións obrigatorias. Exceptuarase a sinatura da persoa beneficiaria se por causas xustificadas motivadas pola emerxencia sanitaria esta non for posible. Para as persoas atendidas que non acadasen as prestacións obrigatorias, presentarase declaración responsable da entidade de cales foron as persoas e de que se cumpriron para cada unha delas os indicadores de produtividade. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

1º.6. Canto ás actuacións dirixidas á atención de persoas sen fogar ou en exclusión severa, presentarase certificado emitido por profesional competente acreditativo da situación.

1º.7. Memoria da actuación rematada, anexo IX.

2º. No caso das accións promotoras do acceso e da permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada e prestacións de dinamización comunitaria no marco de desenvolvemento dun servizo de intervención comunitaria en territorios en exclusión e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase:

2º.1. Solicitude de pagamento parcial, anexo VI.

2º.2. Declaración responsable do anexo VII.

2º.3. Memoria económica xustificativa do anexo VIII.

2º.4. Declaración responsable da entidade de cales foron as persoas e de que se cumpriron para cada unha delas os indicadores de produtividade. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

2º.5. Partes de asistencia das actuacións onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade. Nos casos en que, coa situación de emerxencia sanitaria, as actuacións realizadas se impartisen só por medios telemáticos, presentaranse as follas de resumos mensuais asinadas polo/a responsable da entidade e do traballador que realizou a actuación.

2º.6. Memoria da actuación rematada, anexo IX.

3º. No caso das actuacións de apoio á conciliación, de mediación intercultural e asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría:

3º.1. Solicitude de pagamento parcial, anexo VI.

3º.2. Declaración responsable do anexo VII.

3º.3. Memoria económica e xustificativa do anexo VIII.

3º.4. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Para iso achegarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén polo traballador e polo/a beneficiario/a da prestación, de que a persoa realizou a prestación. Exceptuarase a sinatura da persoa beneficiaria se, por causas xustificadas motivadas pola emerxencia sanitaria, esta non for posible.

3º.5. Resumo do total de horas efectivamente dedicadas ao programa polo persoal dedicado á actuación, asinado polo/a traballador/a e pola entidade responsable.

3º.6. Memoria da actuación rematada, anexo IX».

Disposición adicional única. Non apertura do prazo de presentación de solicitudes

Esta modificación non reabre un novo prazo de presentación de solicitudes ao referirse á xustificación das actuacións nos casos en que a situación de emerxencia sanitaria non permita realizar as actividades de forma presencial ou incida na devandita documentación xustificativa.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social