Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44449

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2020 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal laboral desta entidade para o exercicio 2020.

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na súa reunión do 31 de xullo de 2020, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal, encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2020, axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios e na intranet da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante quince (15) días.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega