De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Ángel Rey Parada, con DNI ***7967**, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 15 de setembro de 2020, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que declara en situación de abandono a embarcación da que é propietario, de nome Rey Novo e folio 3ª-VILL-1-4390, amarrada no porto de Ribeira, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
A resolución emítese por atoparse a embarcación amarrada sen actividade nin mantemento ningún en claro estado de abandono no porto de Ribeira e sen aboar taxas, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.
De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG núm. 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia procederá á venda buque e, de resultar esta falida, ao seu desmantelamento e traslado a vertedoiro autorizado.
Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se realicen sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación, serán por conta do propietario.
A presente resolución emítea o presidente de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.
Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2020
Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia