III. Outras disposicións
Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo
RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR804A).
Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 28 de setembro de 2020, de conformidade coa Orde do 22 de xuño de 2020 (DOG núm. 134, do 7 de xullo) para a execución de:
– 10 proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de un trescentos cincuenta mil cincuenta e oito euros con setenta e tres céntimos (350.058,73 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020
Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Axudas para proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global
Nº expte.
|
Entidade solicitante
|
Denominación proxecto
|
Orzamento total
|
Subvención concedida
|
Subvención concedida
|
Ano 2020
|
Ano 2021
|
Total
|
PR804A 2020-17
|
Asemblea de Cooperación pola Paz, en agrupación con Asociación ONG de Cooperación ao Desenvolvemento Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso)
|
Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego
|
48.970,00
|
45.000,00
|
18.000,00
|
27.000,00
|
45.000,00
|
PR804A 2020-9
|
Fundación Educación y Cooperación- EDUCO, en agrupación con Fundación Ayuda en Acción, Fundación Entreculturas Fe y Alegría, Taller de Solidaridad e a Universidade de Santiago de Compostela (grupo de investigación GI-1426 Hermenéutica Filosófica e Historia da Filosofía)
|
Campaña Mundial pola Educación 2021 en Galicia
|
51.625,00
|
44.905,00
|
17.962,00
|
26.943,00
|
44.905,00
|
PR804A 2020-6
|
Asociación ONG de Cooperación ao Desenvolvemento Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso)
|
Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)
|
36.396,00
|
34.396,00
|
13.758,40
|
20.637,60
|
34.396,00
|
PR804A 2020-20
|
Farmacéuticos Mundi, en agrupación coa Universidade de Santiago de Compostela (Servizo de Participación e Integración Universitaria)
|
A aprendizaxe-servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria
|
56.839,00
|
44.979,00
|
17.991,60
|
26.987,40
|
44.979,00
|
PR804A 2020-18
|
Asemblea de Cooperación pola Paz
|
Elas deciden
|
34.686,81
|
32.844,70
|
13.137,88
|
19.706,82
|
32.844,70
|
PR804A 2020-7
|
Solidariedade Internacional de Galicia
|
O movemento social do comercio xusto como exercicio de cidadanía global: unha contribución á consecución da Axenda 2030 desde Galicia.
|
41.118,73
|
34.849,73
|
13.939,89
|
20.909,84
|
34.849,73
|
PR804A 2020-2
|
Amigos da Terra Galicia - Xuventude
|
Construción de recursos e capacidades para a integración dos ODS na Rede de Eco Hortas Escolares.
|
20.092,00
|
18.956,25
|
7.582,50
|
11.373,75
|
18.956,25
|
PR804A 2020-19
|
Arquitectura Sen Fronteiras
|
Investigación - Acción - Formación para fortalecer a educación e integración do dereito ao hábitat en centros educativos de secundaria e entre axentes multiplicadores clave en Galicia, fase 2
|
38.895,00
|
34.985,00
|
13.994,00
|
20.991,00
|
34.985,00
|
PR804A 2020-1
|
Fundación Intered-Galicia
|
De Itaca a Ávalon. Proxecto ponte entre a fase I e II.
|
31.905,07
|
24.144,83
|
9.657,93
|
14.486,90
|
24.144,83
|
PR804A 2020-8
|
Solidariedade Internacional de Galicia
|
O Globo, observatorio para educar na cidadanía global.
|
40.973,22
|
34.998,22
|
13.999,29
|
20.998,93
|
34.998,22
|
Total
|
401.500,83
|
350.058,73
|
140.023,49
|
210.035,24
|
350.058,73
|