Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44579

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 25 de maio de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento PR811A).

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 25 de maio de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas pola Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 21 de xullo de 2020, de conformidade coa Orde do 25 de maio de 2020 (DOG núm. 105, do 4 de xuño) para a execución de:

– 6 proxectos de acción humanitaria no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de douscentos noventa e seis mil catrocentos oitenta euros con dezaoito céntimos (296.480,18 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

Nº expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención concedida total

PR 811A 2020-1

Farmacéuticos Mundi

Mellorar a capacidade de resposta e prevención do sistema de saúde local do asentamento de Eastleigh North, Nairobi, na emerxencia sanitaria do COVID-19 con énfase na protección dos grupos de poboación en situación de maior vulnerabilidade fronte á pandemia, Kenia

52.967,64 €

50.000,00 €

PR 811A 2020-4

Fundación UNICEF-Comité Español-Galicia

Mellora do estado nutricional dos nenos e nenas das comunidades máis vulnerables de Mali

375.000,00 €

50.000,00 €

PR 811A 2020-8

Médicos del Mundo

Reforzo da resposta sanitaria e da estratexia comunitaria cara ao COVID-19 no distrito de Matola, Mozambique

114.992,42 €

47.398,42 €

PR 811A 2020-12

Asemblea de Cooperación pola Paz

Previr e mitigar o impacto dos riscos humanitarios asociados á pandemia de COVID-19 sobre os dereitos e a dignidade da poboación de San Cristóbal, con enfoque no fortalecemento de capacidades, prevención e resposta á VBG e SSR, República Dominicana

53.266,44 €

50.000,00 €

PR 811A 2020-2

Fundación Oxfam Intermón

Resposta ao impacto da emerxencia COVID-19 e as súas medidas de contención na provincia de San Cristóbal, República Dominicana

52.632,00 €

50.000,00 €

PR 811A 2020-3

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Asegurar o acceso a unha contorna educativa segura e de calidade para nenas e nenos refuxiados no campo de Dzaleka, Malawi

57.891,79 €

49.081,76 €

Total

296.480,18 €