Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44581

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 2 de xullo de 2020 pola que se modifica parcialmente a Orde do 14 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento PR809A).

No Diario Oficial de Galicia número 100, do 28 de maio de 2019, publicouse a Orde do 14 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento PR809A). A concesión das devanditas bolsas foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 175, do 16 de setembro de 2019, mediante a Resolución do 2 de setembro.

A situación de estado de alarma e emerxencia sanitaria provocada pola pandemia do coronavirus (COVID-19) levou consigo que, ante esta circunstancia extraordinaria, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea considerase conveniente propoñer a substitución da convocatoria prevista para o ano 2020 por unha prórroga da convocatoria actual, permitindo ás persoas bolseiras completar a súa formación en materia de cooperación internacional para o desenvolvemento.

No Diario Oficial de Galicia número 137, do 10 de xullo de 2020, publicouse a Orde do 2 de xullo pola que se modifica parcialmente a Orde do 14 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento PR809A). Esta Orde do 2 de xullo de 2020 amplía, de forma extraordinaria pola situación derivada do COVID-19, ata o 31 de agosto de 2021, o prazo de duración previsto na Orde do 14 de maio de 2019.

Por outra parte, de conformidade co disposto no artigo 3 da Orde do 2 de xullo de 2020, comunicóuselles ás persoas beneficiarias da convocatoria anterior a nova duración da bolsa, co obxecto de que manifestasen a súa conformidade. Unha das persoas beneficiarias presentou a súa renuncia á ampliación da duración da bolsa, mentres que as restantes beneficiarias manifestaron a súa conformidade para a realización da estadía na súa nova duración. De acordo co artigo 3 da Orde do 2 de xullo de 2020 e coa base décima da Orde do 14 de maio de 2019, que establece que no caso de renuncias a bolsa poderá ser adxudicada á seguinte persoa aspirante que figure na listaxe de reserva, fixéronse os trámites oportunos para o chamamento e adxudicación a unha das persoas aspirantes da listaxe de reserva, de acordo coa orde de prelación establecida nela. A bolsa foi adxudicada e aceptada pola candidata que figura no anexo II desta resolución.

Conforme o establecido na base décimo quinta da Orde do 14 de maio de 2019, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento PR809A), publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, persoas beneficiarias, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Con estas bolsas preténdese apoiar a formación de persoas expertas en cooperación para o desenvolvemento, coa finalidade de complementar a formación académica das persoas tituladas universitarias con estadías na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou nas unidades de cooperación no exterior (UCE) dependentes da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das bolsas concedidas pola Resolución do 7 de agosto de 2019, do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, de conformidade coa disposición adicional quinta da Orde do 14 de maio de 2019 (DOG núm. 100, do 28 de maio), cuxa duración está ampliada pola Orde do 2 de xullo de 2020 (DOG núm. 137, do 10 de xullo), e segundo se detalla no anexo I desta resolución.

Segundo. Publicar no Diario Oficial de Galicia a bolsa concedida pola Resolución do 15 de setembro de 2020, do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, de conformidade coa disposición adicional quinta da Orde do 14 de maio de 2019 (DOG núm. 100, do 28 de maio), tras a renuncia anterior dunha persoa beneficiaria da bolsa, e segundo se detalla no anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO I

Persoas adxudicatarias da prórroga da bolsa

Apelidos

Nome

Destino

Subvención concedida

Aplicación orzamentaria

1

Fernández Belmar

Lidia

Oficina Técnica da Cooperación Española en Guatemala

17.400 €

05.26.331A.480.0

2

López Rodríguez

Noa

DXRREE e UE Santiago de Compostela

12.000 €

05.26.331A.480.0

3

Vidal Suárez

Cristina

Oficina Técnica da Cooperación Española na República Dominicana

17.400 €

05.26.331A.480.0

4

Rodríguez Beltrán

Sonia

Oficina Técnica da Cooperación Española en Mozambique

17.400 €

05.26.331A.480.0

5

García Carrascal

Laura

Oficina Técnica da Cooperación Española no Perú

17.400 €

05.26.331A.480.0

ANEXO II

Persoa adxudicataria da bolsa

Apelidos

Nome

Destino

Subvención concedida

Aplicación orzamentaria

1

Gómez Vallejo

Raquel

DXRREE e UE Santiago de Compostela

11.233,33 €

05.26.331A.480.0