Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44584

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 2 de novembro de 2020 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2018/19 convocados pola Orde do 12 de marzo de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 8 de xullo).

A Orde do 12 de marzo de 2020 (DOG do 8 de xullo) pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2018/19, establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizada polo xurado de selección a valoración das solicitudes presentadas, publicados os resultados coas puntuacións provisionais obtidas polas persoas candidatas, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección e a proposta do secretario xeral de Educación e Formación Profesional sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2018/19, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun (1) mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2018/19

Nº inscrición

Apelidos e nome

Familia profesional

Cód. centro

Centro educativo

Importe

2065000672

Méndez Bouza, Kevín Yoel

Actividades Físicas e Deportivas

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

850 €

2091000187

Ramos Bellas, Estefanía

Administración e Xestión

27015773

IES Muralla Romana

850 €

2018000335

Fernández González, Diego

Agraria

36007552

CIFP A Granxa

850 €

2018000870

Castelao Braña, Marta

Comercio e Marketing

27006528

CIFP As Mercedes

850 €

2036000653

Martín Blanco, Jesús Ángel

Edificación e Obra Civil

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

850 €

2091001131

Criado Rodríguez, Fernando José

Electricidade e Electrónica

36017430

IES Ricardo Mella

850 €

2050000058

López Lamas, Fernando

Fabricación Mecánica

32009116

IES 12 de Outubro

850 €

2087000481

Eiroa Ameijeiras, Rosalía

Hostalaría e Turismo

15016000

CIFP Compostela

850 €

2091000273

Feijóo Pascual, Pablo

Imaxe e Son

27020756

CPR TIC

850 €

2084000149

Pérez Davila, Cecilia

Industrias Alimentarias

15014556

CIFP Coroso

850 €

2046000061

Sotelo Pérez, Daniel

Informática e Comunicacións

36019475

IES de Rodeira

850 €

2008000055

Sanagustín Graíño, María del Mar

Instalación e Mantemento

15005749

IES Universidade Laboral

850 €

2092000029

Roca García, Elisa

Marítimo-Pesqueira

36020209

IGAFA Instituto Galego de Formación en Acuicultura

850 €

2000000299

Arca Valladares, María Isabel

Química

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

850 €

2004000008

López Pardo, Carla

Sanidade

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

850 €

2021000046

López Pérez, Ángel Enrique

Seguridade e Medio Ambiente

36007552

CIFP A Granxa

850 €

2001000302

Rey López, Iván

Servizos Socioculturais e á Comunidade

15016000

CIFP Compostela

850 €

2035000795

Rodríguez Naveira, Andrea

Téxtil, Confección e Pel

15027897

CIFP Paseo das Pontes

850 €

2062000766

Rodríguez Estévez, David

Transporte e Mantemento de Vehículos

27006528

CIFP As Mercedes

850 €