Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44586

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 2 de novembro de 2020 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/20 convocados pola Orde do 8 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 22 de xullo).

A Orde do 8 de xullo de 2020 (DOG do 22 de xullo) pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/20 establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polo alumnado, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/20 e a correspondente proposta da persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/20, ao alumnado que figura no anexo a esta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/20

Nº inscrición

Apelidos e nome

Cód. centro

Centro educativo

Importe

2009001469

Alcalde Vesteiro, Jorge

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000 €

2052000482

Alonso Guerrero, Eiko

36019921

CPR Los Sauces

1.000 €

2007000861

Bacariza Villamarín, Adrián

36016127

IES Plurilingüe Aquis Celenis

1.000 €

2095001023

Barriuso Veleiro, Yago

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

2037001040

Candisano Gillanders, Clara

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

1.000 €

2002000203

Fernández Carballal, Martín

32015207

IES O Couto

1.000 €

2037000805

Fernández Cervelo, Paula

Constanza

27003151

IES Lama das Quendas

1.000 €

2062000877

Fraga Vilas, Iago

36000481

IES Ramón Cabanillas

1.000 €

2091000124

García Corral, Paula

27013958

IES Monte Castelo

1.000 €

2020001262

Infante Deus, Eva María

15004101

CPR Plurilingüe Cristo Rey

1.000 €

2009001250

Louzán Nieves, María

36011181

CPR Plurilingüe Mariano

1.000 €

2041000984

Mondaray Travieso, Lucía

32008513

CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús

1.000 €

2086001313

Núñez Suárez, Elba

32016273

IES Xesús Ferro Couselo

1.000 €

2027000533

Pereira Reboredo, Irene

36012471

IES Castro Alobre

1.000 €

2022001547

Ríos Pampín, Raúl

15027782

IES Ordes

1.000 €

2099001141

Rivas Cantelar, Noela

15015743

IES Arcebispo Xelmírez I

1.000 €

2088001286

Rodríguez Martínez, Verónica

15006730

IES Sofía Casanova

1.000 €

2054001142

Rodríguez Núñez, Álex

36018999

IES As Barxas

1.000 €

2061001307

Ruso Vidal, Juan Manuel

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

2096001162

Sánchez Iglesias, Ximena

15005257

IES Ramón Menéndez Pidal

1.000 €