Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44588

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo polo que se actualizan as táboas salariais do convenio colectivo da empresa Nea F3 Ibérica, S.L.U.

Visto o texto do acordo polo que se actualizan as táboas salariais do convenio colectivo da empresa Nea F3 Ibérica, S.L.U. subscrito entre a representación da empresa e os representantes sindicais do cadro de persoal (CIG, CC.OO. e UGT), e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2020

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Acta do acordo da comisión negociadora do convenio de Nea F3 Ibérica, S.L.U.

En Vigo o 25 de outubro de 2019.

Reunidos:

Por parte da empresa, César Rodríguez Roca.

Pola representación dos traballadores, Juan Miguel Varela de la Torre, Modesto Martínez Montes, José Juan Vázquez López, José Ventura Veira Mosquera, Fernando Barcia Pérez, Ángel Manuel Gallego Romero, José Calvo Nieto.

EXPOÑEN:

Que, tras varias reunións entre as partes da comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Nea F3 Ibérica, S.L.U. chegouse ao seguinte acordo definitivo:

Primeiro. Incremento salarial

Ambas as partes acordan para o exercicio 2019 un incremento salarial do 1,2 por cento, aplicable a todas as categorías profesionais nos conceptos: «salario base integrado, pagas extras, condicións adquiridas máis beneficiosas actualizable e condicións adquiridas máis beneficiosas non actualizable». O incremento durante o ano 2019 da condición adquirida máis beneficiosa non actualizable non implica a perda da súa condición non actualizable, non xerando dereitos futuros, nin obrigando a empresa a realizar incrementos no devandito concepto en anos posteriores.

Establécese a seguinte táboa salarial con efectos desde o 1 de xaneiro de 2019:

Categoría

Salario base ano 2019

(16 pagas)

Grupo prof. 0

21.590,48 €

Grupo prof. I

18.983,22 €

Grupo prof. II

16.511,42 €

Grupo prof. III

15.757,13 €

Grupo prof. IV

15.513,33 €

Grupo prof. V

15.027,09 €

Grupo prof. VI

14.778,41 €

Grupo prof. VII

14.567,81 €

Segundo. Incremento adicional

Adicionalmente, establécese un incremento salarial do 0,5 por cento, no exercicio 2019, para os traballadores cuxos ingresos no ano 2018 fosen iguais ou inferiores a 17.000 € (dezasete mil euros brutos), considerándose para avaliar este límite salarial a suma dos seguintes conceptos: «salario base, pagas extras, condicións adquiridas máis beneficiosas actualizable, condición adquirida máis beneficiosa non actualizable».

Este incremento do 0,5 por cento salarial aplicarase exclusivamente sobre os seguintes conceptos salariais:

• Salario base integrado.

• Pagas extras.

• Condicións adquiridas máis beneficiosas actualizable.

• Condicións adquiridas máis beneficiosas non actualizable.

O devandito incremento adicional realizarase da seguinte forma:

• Por unha banda, incrementarase un 0,5 por cento adicional calculado sobre a condición adquirida máis beneficiosas non actualizable, incrementado este importe no devandito concepto salarial.

• E doutra banda, calcularase o incremento do 0,5 por cento adicional calculado sobre o salario base integrado, pagas extras e da condición adquirida máis beneficiosa actualizable, aplicando este importe sobre o complemento de condición adquirida máis beneficiosa actualizable.

Terceiro. Devindicación de atrasos

Ambas as partes acordan que os atrasos devindicados pola sinatura do presente acordo aboarállelos a empresa aos traballadores coa mensualidade do mes de novembro de 2019.

Cuarto. Rexistro do acordo

As partes facultan expresamente a Alberto Pérez Domínguez para que realice os trámites necesarios para a inscrición, rexistro e publicación dos presentes acordos no DOG, incluída a presentación telemática ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria, Secretaría Xeral de Emprego, Subdirección Xeral de Relacións Laborais (Regcon).