Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44789

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 341/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 341/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Barros Rivas contra a empresa Tecnofi, S.A., sobre despedimento, se ditou con data do 27.2.2020 sentenza contra a cal pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da mencionada resolución na Secretaría do devandito órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en forma legal a Tecnofi, S.A., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza