Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 14 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Felga, nos concellos de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras (A Coruña) (expediente IN408A 2017/19).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e no artigo 39 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e demais normas vixentes de aplicacións, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante/promotora: Greenalia Wind Power, S.L. - NIF B70501473.

Domicilio social: praza de María Pita, 10-1º andar, 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico Felga.

Municipios afectados: Aranga, Coirós e Oza-Cesuras (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 21 MW.

Produción neta anual estimada/horas anuais equivalentes: 66.402 MWh/3.162 horas.

Orzamento total (execución material): 15.816.622,04 €.

Prazo de execución: 8 meses.

Localización e área de afección:

Vértice poligonal

Parque eólico Felga (Aranga, Oza-Cesuras e Coirós)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

570.375

4.784.505

2

570.375

4.787.000

3

574.321

4.787.001

4

574.875

4.784.505

Aeroxerador

Parque eólico Felga

ETRS89 H29

Concello

UTM-X

UTM-Y

AE 01

570.621

4.785.925

Coirós

AE 02

570.970

4.785.743

Coirós

AE 03

571.313

4.785.488

Coirós

AE 04

571.516

4.785.202

Coirós

AE 05

571.760

4.784.998

Coirós

Centro de seccionamento e control

Parque eólico Felga (Oza-Cesuras)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

CSC

571.770

4.784.806

Torre meteorolóxica

Parque eólico Felga (Coirós)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

TM.1

570.519

4.786.208

Características técnicas das instalacións:

• 5 aeroxeradores, cunha altura ata a buxa de 112 m e un diámetro de rotor de 136 m, con xerador asíncrono de 4,2 MW potencia nominal unitaria e cos seus correspondentes centros de transformación montados en góndola con potencia unitaria de 4.700 kVA de relación de transformación de 0,72/30 kV, montados sobre fuste tubular metálico e coas súas correspondentes aparamentas de seccionamento, manobra e protección.

• Rede eléctrica soterrada a 30 kV composta por:

– 2 circuítos colectores con condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV (Al) 1×(3×240) mm2; circuíto 1, de 1.848 metros de lonxitude, entre os centros de transformación dos aeroxeradores 01, 02 y 03 o centro de control e seccionamento/colector do parque eólico; e circuíto 2, de 198 metros, que une os aeroxeradores 04 e 05 e o centro de control e seccionamento/colector do parque eólico.

– 1 circuíto de saída de 484 m de lonxitude con condutor tipo RHZ1-OL 18/30 kV (Al) 2×(3×240) mm2, con orixe no centro colector proxectado e final na SET Gato, proxectada no expediente do parque eólico Gato (IN408A 2017/04, en fase de tramitación).

• Centro de control e seccionamento/colector en envolvente prefabricada que conterá un trafo para servizos auxiliares de 50 kVA e 6 celas coa seguinte configuración: cela protección servizos auxiliares, cela de entrada (circuíto 1), cela de entrada (circuíto 2), cela de entrada (reserva), cela de protección xeral e cela de medida e saída de evacuación.

• Rede de terras xeral con condutor Cu-50 mm2, de xeito que as instalacións electromecánicas e centro de control/colector do parque eólico forman un conxunto equipotencial.

• Torre meteorolóxica de 112 m de altura.

Obxecto da información pública:

• A autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental das instalacións. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

• Documentación que se expón:

1. Proxecto de execución (febreiro 2020-visado 2.9.2020).

1.1. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados (RBDA) (febreiro 2020-asinada 12.2.2020), que figura no anexo a este acordo.

1.2. Planos individuais dos predios afectados (RBDA) (febreiro 2020-asinado 12.2.2020).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (febreiro 2020-asinado 7.9.2020).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (febreiro 2020-visado 2.9.2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.8 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia), para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran nas relacións anexas a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que estimen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 23), así como nos concellos de Aranga, Coirós e Oza- Cesuras (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico-felga

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Coruña, 14 de outubro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, o 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Felga (IN408A 2017/19)
nos concellos de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras (A Coruña)

Predio

Titular(es)

Datos catastrais

Paraxe

Cultivo

Nº aero

Afeccións (m2)

Serv. de voo

Ocup. temporal

Pleno dominio

Serv. paso

Pol.

Parc.

Cim.

Plat.

Centro secc.

T. met.

Vieiro

Gabia

Concello de Oza-Cesuras

1

Organismo Autónomo Parques Nacionales

24

29

Cruz de Campo

Eucaliptal

3.929

1.122

2

Organismo Autónomo Parques Nacionales

24

28

Rego Cebedo

Eucaliptal

51

996

237

Concello de Aranga

3

MVMC do Gato, de Pena Blanca
Rpte.: Aranza González Rodríguez

9

217

Cal da Nogueira

Matogueira

2

9

Concello de Coirós

4

Concello de Coirós

29

320

Pico da Felga

Pasto

AE 5

363

3.653

905

85

5.515

5

Concello de Coirós

29

277

Pico da Felga

Matogueira

AE 5

823

216

828

6

Roca Vázquez, María Josefa
Pato Fandiño, Francisco
Concello de Coirós

29

322

Pico da Felga

Matogueira

AE 5

1.164

7

Concello de Coirós

29

318

Pico da Felga

Pasto

AE 5

402

502

373

1.268

8

Concello de Coirós

29

319

Pico da Felga

Pasto

AE 5

57

303

66

9

Concello de Coirós

29

93

Colado

Pasto

AE 4-AE 5

272

1.295

2.370

330

3.023

10

Pérez López, Angélica
Concello de Coirós

29

94

Pico da Felga

Matogueira

AE 4

1.844

32

2.444

11

Pérez López, María Lidia
Concello de Coirós

29

279

Colado

Pasto

AE 4

849

12

Botana Gil, María Isabel
Fernández Rivadulla, Alberto
Carro Tomé, María
Concello de Coirós

29

91

O Penedo

Pasto

AE 3-AE 4

85

4.316

579

157

3.252

13

Pato Fandiño, Francisco
Roca Vázquez, María Josefa
Concello de Coirós

29

92

O Penedo

Eucaliptal improdutivo

AE 4

4.397

707

346

14

López Carro, Estrella
Crespo Crespo, Emilio
Valeiro Marcote, Amparo
Concello de Coirós

29

90

Rega Cebedo

Matogueira

AE 3

1.270

712

139

15

Hdros. Arturo Martínez González

29

88

Rega Cebedo

Eucaliptal

AE 3

2.072

648

209

278

16

Otero Losada, Francisca

29

86

Peña Gonciña

Matogueira

AE 3

363

3.146

1.352

383

4.026

17

Hdros. Fortunato Golpe
Concello de Coirós

29

89

Rega Cebedo

Matogueira

AE 3

427

2.153

18

Botana Gil, María Isabel
Fernández Rivadulla, Alberto
Carro Tomé, María

30

220

O Pinche

Matogueira

1.153

230

19

Cancela Rey, José Antonio
Roel García, Lucía Eulogia

30

221

Fontechas

Eucaliptal

37

82

20

Ferreño Díaz, José

30

235

Fontechas

Eucaliptal

AE 2

5

184

21

Fraga Río, María Hermosinda

30

275

Fontechas

Eucaliptal

AE 2

52

191

104

22

Rodríguez Nuet, Teresa
Gómez Rodríguez, Ángel Melchor
Gómez Rodríguez, Begoña
Gómez Rodríguez, Anna
Gómez Rodríguez, Rosa

30

228

Fontechas

Eucaliptal

AE 2

1.724

730

164

216

23

Sánchez Fandiño, M. Ángeles

30

229

Fontechas

Eucaliptal

AE 2

1.047

120

125

24

Vázquez Tizón, Manuel

30

230

Fontechas

Eucaliptal

AE 2

516

87

109

25

Riveira Pardo, Manuel

30

227

Fontechas

Eucaliptal

AE 2

1.085

26

Chasfon, S.L.

30

231

Fontechas

Eucaliptal

AE 2

363

2.227

1.263

300

7.514

27

Pato Diéguez, Marta

30

256

Outeiros

Matogueira

2.144

574

28

Corral Bulnes, Amaya
Corral Bulnes, Tomás
Corral Bulnes, Carmen

30

263

Fontedoso

Matogueira

AE 1

2.370

617

866

29

Hdros. de Francisco Pato Barros

30

255

Outeiros

Matogueira

AE 1

2.130

2.090

30

Descoñecido

30

251

Fontedoso

Matogueira improdutivo

AE 1

2.331

31

Pardo Rodríguez, Consuelo

30

267

Fontedoso

Eucaliptal

AE 1

1

473

195

1.834

32

Riveira Pardo, Manuel

30

268

Fontedoso

Eucaliptal

AE 1

199

210

238

97

748

33

Pardo Carballeira, Joaquín

30

269

Fontedoso

Eucaliptal

AE 1

164

487

111

65

642

34

Riveira Pardo, Manuel

30

270

Fontedoso

Eucaliptal

AE 1

839

77

54

203

35

Pardo Álvarez, Antonio

30

271

Fontedoso

Eucaliptal

AE 1

1.243

200

140

901

36

Pardo Álvarez, Francisca

30

272

Fontedoso

Eucaliptal

AE 1

359

283

7

37

Gómez Rivera, José Ramón

30

250

Pedreira de Arriba

Eucaliptal

46

113

38

Herdeiros de J. Jesús Espiño Fraga

30

249

As Cordas

Eucaliptal

45

134

39

Concello de Coirós

31

173

Fontedoso

Matogueira

144

380

254

Afeccións (m2):

Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados:

• Zapata (Cim.), plataforma (Plat.), torre meteorolóxica (T. met.).

Servidume de paso:

• Vieiro: servidume de paso dos vieiros polos que circularán os transportes durante a construción do parque, así como durante a súa etapa de mantemento.

• Gabia (sistema colector): servidume de paso da liña eléctrica soterrada.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. de voo).