Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44730

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se resolve a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Mediante a Orde do 4 de maio de 2020 (DOG núm. 94, do 15 de maio), a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, convocou unha liña de subvencións para o ano 2020, que establecía as bases reguladoras para a adxudicación de equipamento de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, aos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Vista a proposta da comisión avaliadora, con data do 15 de outubro de 2020 e en aplicación dos artigos 9, 10 e 11 da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar aos concellos, mancomunidades ou agrupación de concellos galegos que se relacionan no anexo o equipamento de emerxencia que se indica no dito anexo, de acordo á puntuación total obtida polos solicitantes.

Este equipamento está sendo adquirido co programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, eixe 5 «Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos» e prioridade do investimento, 5.2 «Fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte a catástrofes desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes».

Segundo. Establecer unha lista de reserva conformada por todos os solicitantes admitidos co fin de redistribuír o equipamento non adxudicado por renuncia dalgún beneficiario ou pola posible nova adquisición de máis equipamento. Esta redistribución será, se é o caso, elevada posteriormente ao órgano competente para resolver.

Na repartición deste material terase en conta a puntuación total acadada por cada entidade e a non obtención de equipamento da mesma especie na primeira adxudicación, en todo caso, esta segunda asignación non afectará a distribución inicial do equipamento entre as entidades solicitantes.

Terceiro. De conformidade co disposto no artigo 12.e) da Orde do 4 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2020 para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, o/a alcalde/sa do concello, presidente/a da mancomunidade ou representante da agrupación de concellos, ao cal se lle conceda o equipamento solicitado, disporá dun prazo de dez días hábiles, contados a partir da recepción da comunicación individual da resolución favorable, para a súa aceptación ou renuncia.

Unha vez manifestada por parte da entidade beneficiaria a aceptación da subvención en especie concedida nesta resolución, asinarase a acta de cesión do equipamento concedido.

O prazo estimado para a sinatura da acta de cesión do equipamento será de tres meses contados desde a data de recepción daquel.

Non obstante, este prazo podería verse incrementado en función dos prazos de entrega do equipamento previstos nos correspondentes contratos, derivados do procedemento para a contratación da subministración de equipamento para as emerxencias destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñan agrupación de voluntarios de protección civil, expediente de contratación número 2020-SUEI 01-02-03-04-05-06-07/EM (núm. de referencia contable 2020-05-00242), procedemento ordinario, por importe de 932.400 euros (IVE incluído).

No caso de que a subministración do expediente de contratación 2020-SUEI 01-02-03-04-05-06-07/EM (núm. de referencia contable 2020-05-00242) non chegase a ser entregada total ou parcialmente, o órgano adxudicante poderá ditar nova resolución indicando o equipamento que non sería adxudicado. Neste caso as entidades locais afectadas perderán o dereito recoñecido na presente resolución.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Provincia

Entidade local

NIF

Equipamento

CO

Abegondo

P1500100A

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Ames

P1500200I

Liña 4: UTV (Utility Task Vehicle) con clasificación T1b

Arteixo

P1500500B

Liña 1: vehículo todo terreo tipo pick-up

Betanzos

P1500900D

Liña 4: UTV (Utility Task Vehicle) con clasificación T1b

Boqueixón

P1501200H

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Cambre

P1501700G

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Carballo

P1501900C

Liña 1: vehículo todo terreo tipo pick-up

Carral

P1502100I

Liña 2: remolque para a atención ás emerxencias

Cee

P1502300E

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Coristanco

P1502900B

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Culleredo

P1503100H

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Dumbría

P1503400B

Liña 2: remolque para a atención ás emerxencias

Fene

P1503600G

Liña 1: vehículo todo terreo tipo pick-up

Fisterra

P1503800C

Liña 7: embarcación pneumática de salvamento e rescate

Laracha, A

P1504200E

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Mazaricos

P1504600F

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Mugardos

P1505200D

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Muxía

P1505300B

Liña 4: UTV (Utility Task Vehicle) con clasificación T1b

Neda

P1505600E

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Negreira

P1505700C

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Noia

P1505800A

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Outes

P1506300A

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

CO

Pontedeume

P1507000F

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Pontes de García Rodríguez, As

P1507100D

Liña 4: UTV (Utility Task Vehicle) con clasificación T1b

Porto do Son

P1507200B

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Ribeira

P1507400H

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Santa Comba

P1507800I

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Val do Dubra

P1508900F

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Valdoviño

P1508800H

Liña 7: embarcación pneumática de salvamento e rescate

Vimianzo

P1509300H

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

LU

Barreiros

P2700500H

Liña 7: embarcación pneumática de salvamento e rescate

Cervantes

P2701200D

Liña 6: esparexedor de sal

Guitiriz

P2702200C

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Lourenzá

P2702700B

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Meira

P2702900H

Liña 6: esparexedor de sal

Negueira de Muñiz

P2703500E

Liña 5: coitela para retirada de neve

Ourol

P2703800I

Liña 5: coitela para retirada de neve

Quiroga

P2705000D

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Ribadeo

P2705100B

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Saviñao, O

P2705800G

Liña 2: remolque para a atención ás emerxencias

Vicedo, O

P2706400E

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Viveiro

P2706700H

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Xermade

P2702100E

Liña 5: coitela para retirada de neve

OU

Allariz

P3200200H

Liña 1: vehículo todo terreo tipo pick-up

Baños de Molgas

P3200800E

Liña 6: esparexedor de sal

Barbadás

P3200900C

Liña 6: esparexedor de sal

Boborás

P3201400C

Liña 2: remolque para a atención ás emerxencias

Bolo, O

P3201600H

Liña 5: coitela para retirada de neve

Cortegada

P3202800C

Liña 6: esparexedor de sal

Cualedro

P3202900A

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Maceda

P3204400J

Liña 6: esparexedor de sal

Mancomunidade de Terras de Celanova

P8202502D

Liña 5: coitela para retirada de neve

Mancomunidade do Ribeiro

P3200021H

Liña 1: vehículo todo terreo tipo pick-up

Mezquita, A

P3204900I

Liña 5: coitela para retirada de neve

Muíños

P3205200C

Liña 6: esparexedor de sal

OU

Parada de Sil

P3205800J

Liña 5: coitela para retirada de neve

Pereiro de Aguiar, O

P3205900H

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Petín

P3206100D

Liña 6: esparexedor de sal

Piñor

P3206200B

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Pobra de Trives, A

P3206400H

Liña 6: esparexedor de sal

Ribadavia

P3207000E

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Riós

P3207200A

Liña 5: coitela para retirada de neve

Rúa, A

P3207300I

Liña 2: remolque para a atención ás emerxencias

San Cristovo de Cea

P3207700J

Liña 5: coitela para retirada de neve

San Xoán de Río

P3207100C

Liña 5: coitela para retirada de neve

Toén

P3208200J

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Veiga, A

P3208400F

Liña 5: coitela para retirada de neve

Viana do Bolo

P3208700I

Liña 5: coitela para retirada de neve

Vilar de Barrio

P3209000C

Liña 1: vehículo todo terreo tipo pick-up

Xunqueira de Ambía

P3203700D

Liña 6: esparexedor de sal

PO

Caldas de Reis

P3600500G

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Cambados

P3600600E

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Cangas

P3600800A

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Catoira

P3601000G

Liña 2: remolque para a atención ás emerxencias

Cerdedo-Cotobade

P3600048G

Liña 2: remolque para a atención ás emerxencias

Cuntis

P3601500F

Liña 1: vehículo todo terreo tipo pick-up

Lalín

P3602400H

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Meis

P3602800I

Liña 2: remolque para a atención ás emerxencias

Mondariz

P3603000E

Liña 6: esparexedor de sal

Ponteareas

P3604200J

Liña 6: esparexedor de sal

Porriño, O

P3603900F

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Rosal, O

P3604800G

Liña 2: remolque para a atención ás emerxencias

Salceda de Caselas

P3604900E

Liña 2: remolque para a atención ás emerxencias

Soutomaior

P3605300G

Liña 2: remolque para a atención ás emerxencias

Tomiño

P3605400E

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Valga

P3605600J

Liña 3: tenda de campaña para emerxencias

Vilaboa

P3605800F

Liña 2: remolque para a atención ás emerxencias

Vilagarcía de Arousa

P3606000B

Liña 7: embarcación pneumática de salvamento e rescate

Vilanova de Arousa

P3606100J

Liña 1: vehículo todo terreo tipo pick-up