Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44772

V. Administración de xustiza

Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (11/2020).

No procedemento de referencia, modificación de medidas contencioso 11/2020, do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela, ditouse sentenza con data 7.10.2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Resolución:

Acordo estimar a demanda presentada pola procuradora María del Carmen Esperanza Álvarez, en nome e representación de Adriana Mabel Digilio Pernigotti, e declaro a supresión da patria potestade de José Assad Hadad sobre o menor Álvaro Assad Digilio, con todos os pronunciamentos legais inherentes a este pronunciamento.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que se interpoñerá ante este xulgado, e será resolto pola Audiencia Provincial.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de José Assad Hadad, con NIE X7893570Q, esténdese a presente cédula para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2020

O/a letrado/a da Administración de xustiza