Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44773

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (256/2020).

Eu, Ángel Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no presente procedemento se ditou sentenza con data do 6.10.2020, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 170/2020.

Vigo, 6 de outubro de 2020.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 256/2020 se seguen por instancia da comunidade de propietarios da rúa Marín, 13, de Vigo, representada polo procurador José Vicente Gil Tránchez e dirixida polo letrado José Manuel Cid Cid, contra a herdanza xacente e descoñecidos herdeiros de Miguel Ángel Polo Lima e Purificación Conde Pérez, declarada en situación de rebeldía procesual, e que teñen por obxecto unha pretensión de reclamación de cotas e gastos non aboados a unha comunidade de propietarios en réxime de división horizontal.

Resolución que estimo totalmente a demanda interposta pola comunidade de propietarios da rúa Marín, 13, de Vigo, contra a herdanza xacente e descoñecidos herdeiros de Miguel Ángel Polo Lima e Purificación Conde Pérez e, en consecuencia, fago os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a herdanza xacente e os descoñecidos herdeiros de Miguel Ángel Polo Lima e Purificación Conde Pérez a pagarlle á comunidade de propietarios demandante a cantidade de 2.379,46 euros.

2º. Condeno a herdanza xacente e os descoñecidos herdeiros de Miguel Ángel Polo Lima e Purificación Conde Pérez a aboar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lle fará saber que é firme e que contra ela non cabe formular recurso de ningún tipo.

Así o acordo, mando e asino».

En virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste edicto notifícase á herdanza xacente de Miguel Ángel Polo Lima, aos descoñecidos herdeiros de Miguel Ángel Polo Lima, herdanza xacente de Purificación Conde Pérez e descoñecidos herdeiros de Purificación Conde Pérez baixo apercibimento de contidos na sentenza.

Vigo, 9 de outubro de 2020

O letrado da Administración de xustiza