Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 45038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 30 de outubro de 2020, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 30 de setembro de 2020 ditada no expediente sancionador da Coruña AC-082/20 por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle a titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luis Martínez Sieira e a interesada poderá promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución deste procedemento por infracción leve correspóndelle á xefa da Área Provincial da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da dita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro), e respecto do artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución deste procedemento sancionador deberase notificar no prazo dun ano desde a data deste acordo.

A interesada dispoñerá dun prazo de quince (15) días, conforme o establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para achegaren ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, coa advertencia de que, de non formularen alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

A Coruña, 30 de outubro de 2020

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 30 de outubro de 2020)
Iván Meléndez Meleda
Xefe da Área de Inspección Turística da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-082/20.

Titular: Promociones Riocesures, S.L.

Establecemento: Restaurante Aldeola.

Enderezo: A Aldeola, 47, Cerqueda.

Localidade: Malpica de Bergantiños.

Precepto infrinxido: artigo 109.9 da Lei 7/2011.

Incoación: 30 de setembro de 2020.

Sanción:

Multa de cento cincuenta euros (150 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: cento vinte euros (120 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: noventa euros (90 €).