Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 45037

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 29 de outubro de 2020 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/67/2018-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a Manuel Vázquez González e a María del Carmen Vázquez Vila para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/67/2018-RP1, en relación coas obras consistentes en catro construcións inacabadas tipoloxía residencial, sitas na pista da Moreira, no termo municipal de Xinzo de Limia, provincia de Ourense.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística