Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 44894

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2019/20.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 19 de outubro de 2020 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2019/20, e de conformidade co establecido no artigo 11 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2019/20 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. O xurado poderá dispoñer a constitución dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

ANEXO

Xurado de selección

a) Modalidade de Música.

Presidenta: Rosalía Polo Cal, inspectora de Educación, por delegación do secretario xeral de Educación e Formación Profesional.

Vogais:

Rubén Vázquez Rodríguez, inspector de Educación.

Gustavo Lorenzo Prozzo, inspector de Educación.

Ana María López Díaz, asesora de Ensinanzas de Réxime Especial.

Secretaria: Rosario Ureña Lara, asesora de Ensinanzas de Réxime Especial.

b) Modalidade de Danza.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do secretario xeral de Educación e Formación Profesional.

Vogais:

Rubén Vázquez Rodríguez, inspector de Educación.

María Ángeles Gayoso Diz, profesora de Música e Artes Escénicas.

Xosé María López Carretero, asesor de Música e Artes Escénicas.

Secretaria: Rosario Ureña Lara, asesora de Ensinanzas de Réxime Especial.

c) Modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do secretario xeral de Educación e Formación Profesional.

Vogais:

Jesús Risueño López, inspector de Educación.

Gonzalo Porral Mato, profesor de Artes Plásticas e Deseño.

Ana María López Díaz, asesora de Ensinanzas de Réxime Especial.

Secretaria: Rosario Ureña Lara, asesora de Ensinanzas de Réxime Especial.