Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 44892

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 4 de novembro de 2020 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20, convocados pola Orde do 13 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 24 de xullo).

A Orde do 13 de xullo de 2020 (DOG do 24 de xullo) pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20 establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polo alumnado, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20 e a correspondente proposta da persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20, ao alumnado que figura no anexo a esta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun (1) mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2019/20

Nº inscrición

Apelidos e nome

Cód. centro

Centro educativo

Importe

2007001211

Aboufaris Ouahlim, Sanaa

36013588

CPI do Toural

750 €

2079000791

Amoedo Fontoira, Alejandro

15015561

CPR Manuel Peleteiro

750 €

2058001326

Carpintero Ramos, Antía

27015891

IES da Terra Chá, José Trapero Pardo

750 €

2056000260

Castro Díaz, Antía

27006531

IES Lucus Augusti

750 €

2074001079

Duckworth Juárez, Marta

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María

750 €

2041000521

Fariña Rodríguez, Diego

36019062

IES Rosais 2

750 €

2004001234

López Barata, Roi

32008513

CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús

750 €

2059000400

Mirabedini Álvarez, Aram Reza

27003151

IES Lama das Quendas

750 €

2061001098

Montoto Pintos, Eva

15027411

IES de Cacheiras

750 €

2064000396

Nimo Piñeiro, Carmen

36019281

CPR Sek-Atlántico

750 €

2055001512

Pereira Angueira, Tomás

15015561

CPR Manuel Peleteiro

750 €

2092001219

Pérez Soto, Mateo

15003212

IES Agra de Raíces

750 €

2051001329

Prieto Cabarcos, Gabriel

27013314

IES Santiago Basanta Silva

750 €

2049001179

Rivas López, Candela

36011351

CPR Plurilingüe San José de Cluny

750 €

2066000389

Rodríguez José, Rachel Elizabeth

27006553

IES Xoán Montes

750 €

2060001499

Santos Freire, Claudia

15015561

CPR Manuel Peleteiro

750 €

2033000767

Senín Sánchez, Clara

36012471

IES Castro Alobre

750 €

2081000286

Troncoso Campos, Josué

36020261

IES Plurilingüe Terra de Turonio

750 €

2004000677

Vidal Mariño, Samuel

15027411

IES de Cacheiras

750 €

2037000520

Villar Cebada, Claudia

36018461

IES República Oriental do Uruguai

750 €