Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45091

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2020 pola que se procede en execución de sentenza ao nomeamento de persoal funcionario de carreira no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2), convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño).

Con data do 27 de xuño de 2019, o Xulgado do Contencioso-Administrativo númeri 1 de Santiago de Compostela ditou sentenza firme no procedemento PA 311/2017 e PO 64/2017. Na súa parte dispositiva a sentenza establece a non conformidade a dereito da Resolución do tribunal cualificador do 29 de setembro de 2016 (DOG núm. 192, do 7 de outubro), designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Unha vez realizados os trámites necesarios para a execución de sentenza, o tribunal modificou a puntuación e a orde de prelación establecidas na súa Resolución do 12 de maio de 2017 (DOG núm. 95, do 19 de maio de 2019).

Esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira en execución de sentenza no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2), convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 18 de xuño).

Á persoa aspirante aprobada que se relaciona no anexo desta resolución, de acordo coa puntuación final obtida, adxudícaselle como destino definitivo en execución de sentenza o que figura no mesmo anexo desta resolución.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, a persoa a que se refire o anexo desta resolución deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei  /2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2020

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Nº de orde

NIF

Apelidos e nome

Código

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

106

***1723**

González Durán, Irianna

EDC991000036001011

ED

Auxiliar administrativo

C2

12

Xefatura Territorial de Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra