Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45089

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2020, da comisión encargada de cualificar os procesos para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral, corpo facultativo de grao medio de Administración especial, corpo administrativo de Administración xeral, corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, corpo auxiliar de Administración xeral, corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupos A2, C1, C2, grupo B e da escala de persoal subalterno da agrupación profesional de persoal funcionario da Comunidade Autónoma de Galicia, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos II, III, IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 22 e 30 de outubro de 2020, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar os procesos que se citan na cabeceira, convocados polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro) para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia pertencente a diversas categorías, mediante o seu cambio de vínculo xurídico,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1 da convocatoria, superaron a proba tipo test as persoas aspirantes que obtiveron a cualificación de apto. Para estes efectos, nos criterios de superación da proba, aprobados pola comisión nos acordos do 17 de setembro de 2020, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que terían a cualificación de apto as persoas aspirantes que acadasen corenta (40) respostas correctas para o caso do subgrupo A2, trinta e dúas (32) respostas correctas para o caso do subgrupo C1 e grupo B, vinte e catro (24) respostas correctas para o caso do subgrupo C2 e vinte (20) respostas correctas para o caso da agrupación profesional de persoal funcionario. Tendo en conta que as respostas incorrectas non descontan e que as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Segundo. Feitas as correccións en sesións do 22 e 30 de outubro de 2020, publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba tipo test dos procesos de funcionarización que se citan, no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ás que se poderá acceder a través do seguinte enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

Terceiro. De acordo co disposto na base II.3.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.9 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2020

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión