Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45087

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2020, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e do corpo facultativo superior da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 29 de outubro de 2020, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo) para cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e do corpo facultativo superior da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico convocado pola Resolución do 7 de febreiro de 2020 (DOG núm. 32, do 17 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Unha vez revisadas, na sesión que tivo lugar o 20 de outubro de 2020, as alegacións presentadas ao abeiro do previsto na base II.3.7 da convocatoria, desestimar na súa totalidade as alegacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1 da convocatoria, superaron a proba tipo test as persoas aspirantes que obtiveron a cualificación de apto. Para estes efectos, nos criterios de superación da proba, aprobados pola comisión no Acordo do 17 de setembro de 2020 en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que terían a cualificación de apto as persoas aspirantes que acadasen corenta e oito (48) respostas correctas, tendo en conta que as respostas incorrectas non descontan e que as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Terceiro. Feita a corrección en sesión do 29 de outubro de 2020, publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba tipo test do proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e do corpo facultativo superior da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ás cales se poderá acceder a través do seguinte enderezo: https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.3.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.9 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2020

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión