Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45085

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2020, conxunta do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se dá publicidade das resolucións de concesión das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante a Resolución conxunta do Igape e da Amtega do 18 de maio de 2020 (DOG núm. 106, do 2 de xuño) publicáronse as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As devanditas bases establecen no seu artigo 7.5 que a resolución conxunta relativa a cada período de admisión de solicitudes será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades conferidas,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución de concesión do 19.10.2020, da Dirección Xeral da Amtega, e da resolución de concesión do 21.10.2020, da Dirección Xeral do Igape, correspondentes á convocatoria 2020.2 das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe de consulta de resolucións definitivas http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

Segundo. As resolucións do 19.10.2020 e 21.10.2020 esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpor un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape ou da Dirección Xeral da Amtega, segundo o caso, dentro do prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2020

Fernando Guldrís Iglesias

Director xeral do Instituto Galego
de Promoción Económica

Mar Pereira Álvarez

Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia