Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45356

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO da convocatoria pública de bolsas a deportistas.

A Xunta de Goberno local, na sesión do 22 de outubro de 2020, acordou:

Primeiro. Aprobar a convocatoria pública de bolsas a deportistas do Concello de Abegondo, con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000.

Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.

Segundo. Publicar a convocatoria no DOG, no BOP, no taboleiro de anuncios do Concello, na sede electrónica do Concello e na Base nacional de subvencións.

Abegondo, 23 de outubro de 2020

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde