Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45357

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO polo que se publican as bases dun proceso selectivo para cubrir unha praza de responsable da Aula da Natureza.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 24 de setembro do 2020, resolveuse a aprobación das bases dun proceso selectivo para a selección e o nomeamento dun/dunha responsable da Aula da Natureza do Concello de Ames.

O período de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases específicas no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicáronse no BOP da Coruña número 163, de setembro de 2020. Ademais publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ames.

Ames, 30 de setembro de 2020

O alcalde
P.D. (Decreto 2101/2020)
David Santomil Mosquera
Primeiro tenente de alcalde