Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45358

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO do proceso selectivo de tres prazas de axente de policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 242, do 22 de outubro de 2020, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso para seleccionar tres axentes de policía local como funcionarios por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.

Monforte de Lemos, 22 de outubro do 2020

José Tomé Roca
Alcalde