Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45409

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito destinado á concesión de axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas pola Resolución do 12 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 119, do 18 de xuño) (código de procedemento IG401D).

Primeiro. A Resolución do 12 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, establece que o prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de novembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Segundo. O crédito dispoñible para concesións era de 3.600.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7708. O 3 de novembro de 2020 esgotouse o crédito dispoñible para a concesión destas axudas despois de resolver as solicitudes completadas ata o 2 de novembro de 2020.

En virtude do anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7708 para a concesión de axudas ao abeiro da Resolución do 12 de xuño de 2020 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, con data do 3 de novembro de 2020.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2020

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica