Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45594

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 107/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 107/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aurora del Río Abella contra Limpintegra XXI, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza, Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2020.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza 149/2019 de data 28.3.2019 ditada no procedemento ordinario 872/2017 e a favor da parte executante, Aurora del Río Abella, fronte a Limpintegra XXI, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), parte executada, por importe de 5.372,28 euros en concepto de principal (4.526,51 euros en concepto de salarios e vacacións, 745,16 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 3.988,05 euros, 100,61 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a compensación económica de liquidación de vacacións que comporta 538,46 euros), máis outros 537,22 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza»

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2020.

Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Limpintegra XXI, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 5.372,28 euros en concepto de principal (4.526,51 euros en concepto de salarios e vacacións, 745,16 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 3.988,05 euros, 100,61 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a compensación económica de liquidación de vacacións que comporta 538,46 euros), máis outros 537,22 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0107 20), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Limpintegra XXI, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LJS.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza