Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45774

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (382/2019).

Demandante: María José Areán García

Avogada: Olga Vidal Ogando

Demandados: Servicios Integrales de Logística y Transporte Rías Baixas, S.C., Fogasa, Mario Pérez Fariñas

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María José Areán García contra Servicios Integrales de Logística y Transporte Rías Baixas, S.C., Fogasa e Mario Pérez Fariñas, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 382/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Servicios Integrales de Logística y Transporte Rías Baixas, S.C., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 7 de setembro de 2021, ás 11.10 e 11.15 horas, na planta 1, sala 15, edificio na rúa Hortas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Servicios Integrales de Logística y Transporte Rías Baixas, S.C., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 27 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza