Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45773

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 390/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 390/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Cortegoso Vilas contra a empresa Carpas del Noroeste, S.L., sobre ordinario, se ditou a Providencia do 23 de outubro de 2020 en que se sinala o xuízo para o día 21 de xaneiro de 2021, ás 9.05 horas, resolución impugnable en reposición no prazo de tres días, que se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

Para que sirva de notificación e citación en legal forma a Carpas del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza