Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45772

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 157/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 157/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Iglesias González contra a empresa Nexia Infraestructuras, S.L.U., sobre despedimento, se ditou sentenza do 23.10.2020, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, a cal se encontra á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nexia Infraestructuras, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza