Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45722

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2020 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 12 de agosto de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas da Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).

A Orde do 20 de decembro de 2019 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro), modificada parcialmente pola Orde do 20 de xuño de 2020 (DOG núm. 151, do 29 de xullo), establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Pola Resolución do 12 de agosto de 2020 (DOG núm. 170, do 24 de agosto), concédense as axudas ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa predoutoral que se relacionan no seu anexo III.

No artigo 19 da orde de convocatoria indícase que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción do contrato laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain, segundo corresponda, e que en ambas as modalidades se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de decembro de 2020. Tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da listaxe de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións e durante o tempo restante de aproveitamento da axuda.

No caso das axudas cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, deberán cumprirse as obrigas establecidas no artigo 20.3.b) da orde de convocatoria.

A competencia para adxudicar unha nova axuda procedente da lista de espera da Secretaría Xeral de Universidades correspóndelle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de acordo co artigo 19 da Orde do 20 de decembro de 2019.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación e Universidade,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas polas universidades do SUG ás axudas de apoio á etapa predoutoral das modalidades A e B correspondentes ás persoas seleccionadas que se relacionan no anexo III.

Segundo. Aceptar a renuncia da lista de agarda que se indica a continuación:

Nº expediente

Univ.

Modalidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

ED481A-2020/095

USC

B

Carballo

Fazanes

Aida

***1378**

Terceiro. Adxudicar as axudas ás entidades e persoas candidatas das listas de agarda das modalidades A e B que se relacionan no anexo IV, polo tempo que resta de aproveitamento da axuda.

Cuarto. Actualizar as listas de agarda das modalidades A e B das universidades do SUG, tal como se recolle no anexo V.

Quinto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades beneficiarias segundo as renuncias e as novas adxudicacións.

Modalidade A (universidades do SUG).

Modalidade A

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2020

2021

2022

2023

2024

Total

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

UDC

13

25.199,20

257.033,36

262.073,24

235.194,12

1.679,96

781.179,88

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

17.050,80

134.716,65

75.926,76

56.472,54

403,37

284.570,12

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

USC

25

57.958,16

495.587,20

503.987,00

451.908,68

5.039,88

1.514.480,92

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

39.916,84

275.996,15

146.013,00

108.507,98

1.210,11

571.644,08

10.40.561B.444.0
FSE (2015 00436)

UVigo

12

30.239,04

235.193,92

241.913,76

219.234,52

1.679,96

728.261,20

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

20.260,96

116.472,76

70.086,24

52.640,47

403,37

259.863,80

Total FSE 

113.396,40

987.814,48

1.007.974,00

906.337,32

8.399,80

3.023.922,00

Total FP

77.228,60

527.185,56

292.026,00

217.620,99

2.016,85

1.116.078,00

Total modalidade A SUG

50

190.625,00

1.515.000,04

1.300.000,00

1.123.958,31

10.416,65

4.140.000,00

Modalidade B (universidades do SUG).

Modalidade B

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2020

2021

2022

2023

2024

Total

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UDC

7

28.864,44

201.391,67

167.300,00

143.125,00

1.081,39

541.762,50

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

USC

27

101.425,00

761.850,02

645.300,00

553.416,65

1.908,33

2.063.900,00

10.40.561B.444.0
FP (2016 00129)

UVigo

6

19.312,50

165.491,67

143.400,00

122.133,33

0,00

450.337,50

Total modalidade B SUG

40

149.601,94

1.128.733,36

956.000,00

818.674,98

2.989,72

3.056.000,00

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Condicións xerais

Primeiro. Establecer as condicións xerais e particulares da subvención que se especifican nos anexos III e IV.

Segundo. Todas as solicitudes que figuran nos anexos III e IV desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.

Terceiro. Todas as entidades beneficiarias presentaron a declaración de ter capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir as condicións que se establecen na convocatoria.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o 1 de decembro de 2020, agás para as persoas non comunitarias, que poderán asinar o contrato ata o 31 de decembro de 2020.

Quinto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Sexto. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

ANEXO II

Condicións particulares

Primeiro. Na modalidade A desta convocatoria no ámbito das universidades do SUG, o importe dos contratos das persoas seleccionadas, incluídos os seus custos sociais, estará cofinanciado parcialmente con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, nunha porcentaxe do 80 %, dentro do obxectivo temático 10: investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente, prioridade de investimento 10.02: a mellora da calidade, a eficacia e o acceso da educación superior e ciclos equivalentes co fin de mellorar a participación e o nivel de instrución, especialmente para os grupos desfavorecidos, obxectivo específico 10.02.01: aumentar o número de alumnos de posgrao ou titulados universitarios que obteñen formación no ámbito da I+D+i, fomentando o desenvolvemento de actividades en rede con centros tecnolóxicos, de investigación e empresas, con énfase na participación de mulleres e liña de actuación 102: axudas á etapa de formación predoutoral.

Segundo. De acordo co modelo de custos simplificados vinculado a esta convocatoria establecido con base no disposto no artigo 67.1.b) do Regulamento (UE) nº 1303/2013, o programa operativo FSE Galicia 2014-2020 cofinanciará ata un máximo de 20.159,48 € anuais do custo total de cada axuda da modalidade A.

Terceiro. As universidades do SUG beneficiarias da modalidade A están obrigadas ao cumprimento da normativa comunitaria aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, modificado recentemente polo Regulamento (UE) nº 2020/460, do 30 de marzo e polo Regulamento (UE) nº 2020/558, así como no Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013 relativo ao Fondo Social Europeo, onde se establecen, entre outros, requisitos en materia de igualdade de oportunidades, medio ambiente e innovación social, ambos os dous modificados polo Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; no disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento; nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020 e na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

Cuarto. Implica o cumprimento das exixencias de información e publicidade reguladas no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e dos requisitos de difusión e publicidade establecidos pola Estratexia de comunicación.

Quinto. As universidades do SUG beneficiarias da modalidade A quedan obrigadas a asegurarse de que os gastos declarados son conformes coas normas aplicables, se é o caso, e que non existe dobre financiamento do gasto con outros réximes comunitarios ou nacionais así como con outros períodos de programación do Fondo Social Europeo.

Sexto. Requírese a concreción do adecuado rexistro dos datos de seguimento e avaliación da actuación, tanto para a acreditación da realidade da actuación como para recoller datos completos de participantes e entidades beneficiarias polas operacións precisos para dar cumprimento aos requisitos de subministración de información a través dos indicadores de produtividade e de resultados inmediatos e a longo prazo recollidos no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013, garantindo que se disporá de datos dos destinatarios últimos da actuación a nivel de microdato, así como se poderá realizar un adecuado seguimento do cumprimento dos indicadores de resultados recollidos no anexo I do Regulamento nº 1304/2013.

Sétimo. Infórmase a persoa ou entidade beneficiaria de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa inclusión na lista de operacións regulada no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, que será obxecto de publicación electrónica ou por outros medios segundo o previsto no artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

Oitavo. No caso das axudas da modalidade A cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, coa primeira xustificación deberase achegar información dos indicadores de produtividade sobre as entidades e os participantes a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo. Do mesmo xeito, coa última xustificación as universidades beneficiarias deberán presentar os indicadores de resultado inmediato a que se refire o anexo I do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de setembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo. A Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación da persoa participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento.

Noveno. Obriga a manter un sistema de contabilidade diferenciado para todos os ingresos relacionados coas operacións.

Décimo. Require acreditar ante a autoridade de xestión ou, se é o caso, o organismo intermedio a realización da actividade e facilitar as comprobacións encamiñadas a garantir a correcta realización do proxecto ou acción obxecto da axuda, achegando, para o efecto, canta documentación lles sexa requirida no seu procedemento de verificación, tanto administrativa como sobre o terreo, un conxunto representativo das actuacións e operacións que se estean levando a cabo.

Décimo primeiro. Comporta, así mesmo, someterse a calquera outras actuacións de comprobación e control financeiro que realice a unidade administradora do Fondo Social Europeo, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou das súas intervencións delegadas, o Consello de Contas de Galicia, os órganos de control da Comisión Europea ou o Tribunal de Contas Europeo, de acordo co establecido na normativa aplicable á xestión das axudas cofinanciadas con fondos comunitarios, para o cal achegarán canta información lles sexa requirida.

Décimo segundo. Conforme o artigo 140 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, comporta conservar e custodiar a documentación xustificativa dos gastos durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación.

Décimo terceiro. Comporta a obriga de colaborar co organismo intermedio na elaboración dos informes de execución anual e final correspondentes.

Décimo cuarto. Comporta a obriga por parte do xestor, de ser o caso, de comprobar que se mantén o cumprimento dos requisitos establecidos na convocatoria.

Décimo quinto. Comporta establecer as condicións detalladas para o intercambio electrónico de datos, de ser o caso (artigo 10.1 Regulamento de execución (UE) nº 1011/2014, da Comisión, do 22 de setembro).

Décimo sexto. Comporta cubrir as listas de comprobación correspondentes, que servirán de base para as verificacións que leve a cabo o organismo intermedio.

Décimo sétimo. Exixe aplicar as medidas de análise do risco e prevención da fraude, que correspondan en función da operación executada, empregando para iso, entre outras, as ferramentas que lle son facilitadas polo organismo intermedio (matriz ex post).

ANEXO III

Renuncias ás axudas concedidas

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

Modalidade

Data renuncia

ED481A-2020/289

UDC

Pernas

Álvarez

Javier

A

Non asinou contrato

ED481A-2020/303

UDC

Fernández

Álvarez

Elisa

A

Non asinou contrato

ED481A-2020/093

USC

Rodiño

Balboa

Ricardo

A

Non asinou contrato

ED481A-2020/116

USC

Vilela

Picos

Marcos

A

Non asinou contrato

ED481A-2020/062

UVigo

Alonso

Martínez

Laura

A

Non asinou contrato

ED481A-2020/210

USC

Vázquez

Arias

Antón

A

31.10.2020

ED481A-2020/195

USC

Lestón

Cambeiro

Luz

A

31.10.2020

ED481A-2020/161

USC

Cedrún

Morales

Manuela

A

31.10.2020

ED481A-2020/041

UVigo

López

Solarat

Carlos

A

31.10.2020

ED481A-2020/141

UVigo

Calo

Rodríguez

Jessica

A

31.10.2020

ED481A-2020/076

UVigo

Pacheco

Lorenzo

Moisés Ruben

A

31.10.2020

ED481A-2020/217

UVigo

Martínez

Comesaña

Miguel

A

31.10.2020

ED481A-2020/091

USC

Rial

Cebreiro

Lucio

B

Non asinou contrato

ED481A-2020/011

UDC

Rodríguez

Fernández

Nereida

B

28.9.2020

ED481A-2020/261

UDC

Tarrío

Maneiro

Ángela Estefanía

B

31.10.2020

ED481A-2020/065

USC

Ferreiro

Subrido

María

B

31.10.2020

ED481A-2020/200

USC

Lado

Pazos

Vanesa

B

31.10.2020

ED481A-2020/057

USC

Quiñoá

Piñeiro

Lara María

B

31.10.2020

ED481A-2020/164

USC

Román

Sotelo

Antía

B

31.10.2020

ED481A-2020/048

USC

Piñeiro

Pedreira

Sandra

B

31.10.2020

ANEXO IV

Axudas da lista de agarda concedidas

Modalidade A.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Puntuación

ED481A-2020/003

UDC

García

González

Daniel

***8553**

2

9,0887

ED481A-2020/049

UVigo

López

Valcárcel

Luis Antonio

***9412**

3

9,0843

ED481A-2020/137

USC

Díaz

Arias

Sandra Natalia

***2249**

3

9,0454

ED481A-2020/155

USC

Quirós

Díez

Eugenia Pilar

***3004**

3

9,0418

ED481A-2020/225

USC

Rodríguez

Villamayor

Paula

***9443**

3

9,0409

ED481A-2020/119

USC

Aramburu

González

Óscar

***7875**

2

9,0402

ED481A-2020/118

USC

Lage

Pita

Lucía

***4268**

3

9,0333

ED481A-2020/175

UVigo

Rodríguez

Barreiro

Iván

***2094**

3

9,0189

ED481A-2020/017

UDC

Da Lama

Vázquez

Ana

***0157**

2

9,0178

ED481A-2020/302

UDC

Muñiz

Castro

Brais

***5977**

2

8,9157

ED481A-2020/192

UVigo

Ferreiro

García

David

***5812**

1

8,8844

ED481A-2020/089

UVigo

Santás

Miguel

Vanesa

***7293**

-

8,8577

Modalidade B.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Puntuación

ED481A-2020/088

USC

Fernández

Riveiro

Sheila

***8648**

2

8,7695

ED481A-2020/300

UDC

Torrado

Blanco

Laura

***2983**

3

8,6537

ED481A-2020/246

USC

De la Torre

Cuevas

Fernando

***6122**

2

8,6336

ED481A-2020/199

UVigo

Román

del Valle

Salvador

***0607**

2

8,6331

ED481A-2020/122

USC

Yáñez

Ramil

Uxía

***8323**

3

8,5972

ED481A-2020/149

USC

Fernández

Llovo

Iago

***9975**

2

8,5880

ED481A-2020/117

USC

Carballosa

Calleja

Alejandro

***5988**

3

8,5793

ED481A-2020/220

USC

Pérez

Boquete

Roi

***5752**

2

8,5721

ANEXO V

Listas de agarda

Modalidade A SUG.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Puntuación

ED481A-2020/159

USC

Sabater

Algarra

Yolanda

***1978**

3

8,8275

ED481A-2020/157

USC

Guillén

Soler

Melanie

***1886**

-

8,8069

ED481A-2020/228

USC

García

Colomer

Mar

***3533**

3

8,7806

ED481A-2020/232

USC

Quijano

Ocampo

Aloia

***8767**

3

8,7750

ED481A-2020/022

UDC

Corbo

Bozzola

Martín

***7297**

2

8,7350

ED481A-2020/208

USC

Suárez

Oubiña

Cristian

***9020**

3

8,6878

ED481A-2020/109

USC

Chaves

Pouso

Andrea

***0088**

3

8,6462

ED481A-2020/029

UDC

Díaz

González

Macarena

***5282**

2

8,6422

ED481A-2020/077

USC

Conde

Fernández

Adriana

***8075**

1

8,6286

ED481A-2020/098

UDC

Sar

Rañó

Antía

***0026**

2

8,6052

ED481A-2020/105

USC

Bello

García

Jesús

***0896**

3

8,5976

ED481A-2020/212

USC

Huidobro

García

Miguel

***7883**

3

8,5373

ED481A-2020/033

UDC

Ráfales

Pérez

Jonatan

***8462**

2

8,5012

Modalidade B SUG.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Puntuación

ED481A-2020/043

USC

Oliveira

Brito

Cristian

***7389**

1

8,5471

ED481A-2020/015

UDC

García-Alén

Lores

Gonzalo

***6227**

2

8,5385

ED481A-2020/059

USC

Calvo

Gens

Laura

***5254**

3

8,4881

ED481A-2020/198

USC

Márquez

Sánchez

Alba

***0812**

3

8,4725

ED481A-2020/206

USC

Carnero

Groba

Bastián

***8795**

2

8,4523

ED481A-2020/086

UVigo

Pérez

Veiga

Natalia

***6605**

2

8,4471

ED481A-2020/051

UVigo

Quintairos

Soliño

Alba

***1138**

-

8,4211

ED481A-2020/010

UDC

Macías

Digón

Beatriz

***1667**

3

8,4044

ED481A-2020/110

USC

Puentes

Cociña

Beltrán

***9036**

2

8,4035

ED481A-2020/237

USC

Fernández

Hermelo

Maruxa

***8830**

3

8,3453

ED481A-2020/054

UVigo

Garrido

Fernández

Alejandro

***8341**

-

8,3396